Concello
Monforte adxudica por máis de 365.000 euros tres actuacións de mellora en vías municipais e nun edificio público
As obras inclúen a renovación da Avenida de Galicia-Rúa Chantada, a Rúa Vigo e a reforma do inmoble municipal da Rúa Duquesa de Alba
O Concello de Monforte inicia este luns o reparto gratuíto de gafas homologadas para a eclipse solar entre os menores do municipio
A entrega comeza este luns e está dirixida aos nenos e nenas empadroados nados entre 2011 e 2023 para facilitar unha observación segura da eclipse do 12 de agosto
O Concello de Pereiro de Aguiar chama a facer un consumo responsable da auga potable para evitar restricións no abastecemento
O Concello prohibe temporalmente usos non esenciais como o rego, o enchido de piscinas, a limpeza de vehículos e os baldeos ante o incremento do consumo provocado pola vaga de calor
Monforte repartirá gafas homologadas para que os menores poidan seguir con seguridade a eclipse solar do 12 de agosto
O Concello, en colaboración coa Deputación de Lugo, distribuirá gratuitamente o material entre os nenos e nenas empadroados no municipio nados entre 2011 e 2023
Monforte inaugura o novo aparcadoiro do polígono do Reboredo tras un investimento de máis de 305.000 euros
A nova infraestrutura triplica a superficie do antigo estacionamento, ofrece capacidade para 17 camións e 64 turismos e incorpora iluminación LED, videovixilancia e catro prazas con cargadores eléctricos
Finalizadas as obras de mellora do firme na estrada entre A Encomenda e Penapetada, na Pobra de Trives
A actuación desenvolveuse en colaboración coa Deputación de Ourense para responder ás demandas veciñais de mellora deste vial
O Concello de Quiroga e a Deputación de Lugo avanzan en materia de seguridade e convivencia cidadá
A subdelegada do Goberno en Lugo e o alcalde copresidiron unha nova reunión da Comisión Local de Seguridade
O Concello da Pobra de Trives desenvolve traballos de desbroce e limpeza en diferentes zonas do municipio
As actuacións desenvolvéronse durante a semana en núcleos urbanos, espazos públicos e vías co obxectivo de mellorar o mantemento, a seguridade e a prevención de incendios
O Concello de Monforte bonificará o 50% do ICIO á Asociación Prodeme para un centro residencial de persoas con discapacidade
O proxecto, declarado de especial interese municipal, contempla 34 apartamentos tutelados e 128 prazas residenciais na rúa Ourense
O Concello da Peroxa abrirá este mércores as piscinas municipais
A apertura chega apenas unha semana despois das críticas do grupo municipal do PSdeG, que denunciou o atraso na posta en funcionamento das instalacións
O Concello de Monforte colga a bandeira arco iris para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos das Persoas LGTBIQ+
O alcalde José Tomé Roca destaca o apoio institucional á igualdade, á liberdade e ao respecto á diversidade afectivo-sexual
Ribas de Sil instala un novo reloxo-termómetro con higrómetro tras a substitución do antigo equipamento
O novo dispositivo, de maior tamaño, incorpora medición de humidade relativa e supuxo un investimento de algo máis de 1.500 euros financiados con fondos dun contrato de equipamento urbano
O Programa Activa de Monforte pecha a súa edición máis participativa con preto de 800 persoas inscritas
A iniciativa municipal dirixida a maiores de 55 anos despediu o curso cunha xornada festiva na Praza de Abastos e o Concello xa traballa na edición 2026-2027
O Concello de Monforte abre o prazo para solicitar axudas destinadas ás festas de barrios e parroquias en 2026
A achega máxima será de 1.000 euros por anualidade e o prazo está aberto ata o 30 de outubro de 2026
A Pobra do Brollón incorpora nova maquinaria para mellorar o mantemento de camiños e servizos municipais
O Concello recibiu unha mini-escavadora, un remolque basculante e un martelo rompedor grazas a un convenio coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo
Pantón presenta a programación do Verán Cultural con música, campamentos e actividades festivas
As propostas desenvolveranse durante xullo e agosto e incluirán concertos, actividades para a conciliación familiar e unha programación específica para as festas patronais
O Concello de Monforte destina 15.000 euros en axudas para asociacións culturais, lúdicas, recreativas e formativas
A convocatoria contempla subvencións de ata 1.000 euros por entidade para apoiar actividades sen ánimo de lucro que se desenvolvan durante o exercicio 2026
A Pobra de Trives renovará a rúa San Bartolomé para mellorar a seguridade e a accesibilidade
A actuación incluirá a renovación do firme e da sinalización e financiarase a través do Plan CooperOU
A Pobra do Brollón presenta un servizo gratuíto de mediación para fomentar o aluguer de vivendas
O Concello convoca unha reunión informativa dirixida a propietarios e persoas interesadas en acceder a unha vivenda en aluguer
O Concello de Monforte licita por 281.000 euros as obras de mellora do pavimento en varios viais de Piñeira
As actuacións inclúense no plan de investimentos en infraestruturas viarias de máis de 1 millón de euros anunciado polo Concello de Monforte
O Concello de Monforte abre o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
O Concello incrementa a dotación económica destas axudas ata os 35.000 euros, o que supón 5.000 euros máis que na convocatoria anterior
O Concello de Quiroga continúa coa renovación da rede de abastecemento de auga na Ribeira
O investimento destas obras supera os 48.000 euros e conta cun convenio de colaboración entre o Concello de Quiroga e a Xunta
O Concello de Monforte presenta o proxecto de ampliación do Polígono do Reboredo
O plan prevé reordenar e ampliar o solo industrial en case 53 hectáreas e crear máis de 165.000 metros cadrados de novos espazos
O Concello Chantada habilita novas prazas de estacionamento para facilitar o acceso ás farmacias
Desde a Alcaldía apelan ao uso responsable destas prazas, sinalizadas con pintura verde e unha cruz branca no pavimento, para asegurar a súa eficacia




