Novas de Castro Caldelas
A Deputación de Ourense destina preto de 747.000 euros a vinte concellos para recuperar vivenda de alugueiro
A segunda convocatoria do Plan Provincial de Vivenda eleva a 1,25 millóns o mobilizado nas súas dúas primeiras edicións, mentres se aproban outras axudas por máis de 1,12 millóns de euros
A Teixeira e Castro Caldelas compartirán experiencias de emprendemento ligadas ao medio rural
O polo de emprendemento e apoio ao emprego do Barco organiza unha xornada que terá lugar o 30 de setembro e incluirá visitas ao taller de Cándido Caneiro, á Carnicería O Pepe e ao Restaurante El Pallón
Plataforma de Investigadores Ambientais pide paralizar cautelarmente un proxecto de captación de auga do Sil e do Edrada na Ribeira Sacra
Un colectivo de investigadores ambientais e xuristas presentou alegacións perante o organismo de conca competente contra un proxecto de almacenamento hidráulico de enerxía en dous ríos da Ribeira Sacra, ao consideraren que compromete un espazo protexido e a candidatura a Patrimonio Mundial
O Castro de Caldelas celebra o xoves a XXIX Feira do Gando Vacún
O concello ourensán organiza unha nova edición desta cita gandeira, que inclúe xornadas de desinfección dos transportes, concurso e desfile de animais, ademais dunha comida popular no recinto feiral
O Castro de Caldelas recibirá setembro con música, tradición e as Festas dos Remedios
Os Cantos de Taberna, a declaración da Virxe dos Remedios como alcaldesa perpetua, a Noite das Bandeiras e a Ruta das Fervenzas forman parte da programación prevista para este mes
As XLI Xornadas de Folclore regresan o luns para levar a música e a danza tradicional de seis países a 16 concellos da provincia
Preto de 170 artistas de Armenia, Ecuador, México, Serbia, Taiwán e Senegal participarán nesta edición, que arranca o 10 de agosto no Teatro Principal de Ourense
Castro Caldelas encherá agosto de música, exposicións, festas populares, cine e actividades culturais
O Concello presenta unha programación que se desenvolverá ao longo de todo o mes en diferentes espazos do municipio
Avanzan as obras de restauración das marxes do río Edo ao seu paso por Castro Caldelas
A actuación, cun investimento de 1,53 millóns de euros, inclúe a recuperación ambiental da contorna, a mellora da área recreativa e a construción dunha nova zona de baño
O Castro de Caldelas celebra o impacto no comercio local do premio de 2.500 euros da campaña “Días Azuis”
A Xunta destaca o efecto dinamizador destas campañas de consumo en comercio de proximidade
A Deputación de Ourense recuperará en outubro a Mostra dos Viños da Ribeira Sacra
A celebración terá lugar a fin de semana do 24 de outubro, coincidindo co final da vendima, como homenaxe ao traballo de viticultores e adegueiros, e a comisión organizadora xa traballa no programa








