Novas de Sober
Canaval celebra tres días de festas con música e verbena
A programación comeza este venres cunha pancetada e a actuación da orquestra Alianza e un dúo, e prolongarase ata o domingo con misas, sesións vermú e concertos
Lideira presentará o seu primeiro disco o 17 de outubro cun concerto na Casa da Cultura de Sober
A banda galega ofrecerá unha actuación na que repasará os sete temas do seu primeiro traballo discográfico
Agroma Sober cuestiona os criterios de protección da paisaxe ante un novo proxecto turístico en Doade
A formación pide coñecer como se aplican as normas a pequenos propietarios e grandes iniciativas turísticas e reclama transparencia sobre os informes do proxecto
O Concello de Sober manterá aberto até o 15 de outubro o prazo para solicitar as axudas destinadas a libros, material escolar e matrícula
As subvencións están dirixidas ao alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria, FP, Bacharelato e estudos universitarios
Sober repartirá 50 composteiros de balde entre vivendas unifamiliares
A campaña de compostaxe doméstica está dirixida a casas con parcela ou horta de polo menos 25 metros cadrados
Sober organiza un autobús gratuíto ata Santiago para ver a obra 'A Gaivota'
O desprazamento, con prazas limitadas, permitirá acudir o 3 de outubro a unha representación no Salón Teatro compostelán por un prezo simbólico de 5 euros
Sober perpara as Festas do Carme, que arrincan esta semana
O concello prepárase para catro días de música, teatro, procesións e unha paellada popular, do 18 ao 21 de setembro
Obras no centro emisor de Frontón afectarán á sinal de TDT en varias zonas de Sober desde o 11 de setembro
Varias parroquias e núcleos do concello poderían perder temporalmente a sinal dalgunhas canles e precisarán resintonizar o televisor
Sober ultima as Festas do Carme con música, actividades para nenos e a tradicional paellada xigante
O Concello acollerá actuacións musicais, propostas infantís, deportivas e relixiosas, ademais da clásica comida popular gratuíta
Sober acollerá unha nova exposición de pintura nunha casa museo da Ribeira Sacra
Unha casa museo do concello abrirá as súas portas o próximo 11 de setembro para presentar unha mostra artística que combina arte, historia e tradición
O punto limpo municipal de Sober atenderá martes e xoves de 17.00 a 20.00 horas
A instalación conta con videovixilancia e non admite residuos de orixe industrial ou comercial
Vendaval regresa á Ribeira Sacra coa historia e o territorio como eixo central
A terceira edición da Mostra de Cinema Portugués propón seis días de proxeccións, encontros con cineastas, coloquios, formación e actividades musicais en diferentes espazos da comarca
Santa Cruz de Brosmos celebra as súas festas patronais o 22 e 23 de agosto
A localidade soberense prepara dúas xornadas con música, ruta en bicicleta, andaina, xogos populares, inchables, fútbol, pancetada, concurso de sobremesas e verbena
Carlos Núñez levará a súa xira de verán ao Pazo de Sober
A Ribeira Sacra súmase de novo, un verán máis, ao percorrido estival do músico galego, que actuará no Pazo de Sober o vindeiro 20 de agosto ás 20.00 horas
A Deputación de Lugo inicia a mellora de sete quilómetros da estrada que une Sober e Doade
A actuación na LU-P-5903 conta cun investimento de 185.000 euros e un prazo de execución de dous meses para renovar a drenaxe, reparar os danos e repavimentar a vía
Sober prepárase para celebrar a XXIX Feira da Rosca, Mel e outros Produtos da Ribeira Sacra
Terá lugar os días 11 e 12 de agosto inclúe o VIII Túnel do Viño de Amandi, experiencias gastronómicas, artesanía, música tradicional e actividades para todos os públicos
IGV denuncia a falta de brigadas forestais en concellos do sur de Lugo e reclama un operativo público centralizado
A formación asegura que Sober, Pantón e O Saviñao carecen este verán de brigadas municipais e atribúe a situación á precariedade das contratacións e ao actual modelo de xestión
Eventos
A Deputación mellora o firme da estrada que une Canabal e Penacabreira en Sober
Os traballos, cun investimento de 47.190 euros, céntranse no primeiro quilómetro da LU-P-5905 para reforzar a seguridade e a comodidade da circulación
O Festival 17º Ribeira Sacra celebra o seu décimo aniversario cun cartel encabezado por The Divine Comedy, Sidonie e Baiuca
O programa, que arranca este venres, inclúe concertos en Sober e Chantada, novas experiencias e unha programación que combinará música, gastronomía e actividades no territorio
A Deputación de Lugo renova o seu apoio ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra ás portas da decisión da UNESCO
A institución provincial achega 25.000 euros a un convenio dotado con 160.000 euros que permitirá garantir o funcionamento da estrutura técnica e administrativa do Consorcio durante este ano
O Festival dos Colados celebrará a súa segunda edición o 11 de xullo en Bolmente
A xornada, centrada na cultura do viño, combinará música, gastronomía e actividades para todos os públicos
A Asociación Magos Solidarios impulsa unha gala solidaria a favor das vítimas dos incendios de 2025
A iniciativa conta coa colaboración dos concellos de Sober e Maceda e terá lugar o 19 de xullo
O Servizo de Atención Temperá de Quiroga organiza este xoves unha xornada de portas abertas
O programa, integrado polos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Bóveda, O Saviñao, Pantón e Sober, ofrece psicoloxía, logopedia e terapia ocupaciona
O cineasta Víctor Erice impartirá un taller práctico en Sober no mes de setembro
A actividade terá lugar do 20 ao 29 de setembro de 2026 na Casa Grande de Rosende e require inscrición previa









