Sober celebrará as festas de Vilaoscura con tres días de festas con música, gastronomía e actividades para todos os públicos

RibeiraSacraXa
As celebracións desenvolveranse do 4 ao 6 de setembro e incluirán verbenas, sesións vermú, unha pancetada popular, bingo, deporte e actuacións musicais
fogos-artificiais-festas
2 Sep 2026

A parroquia de Vilasoscura, no concello de Sober, celebrará do venres 4 ao domingo 6 de setembro as súas festas de 2026, con tres xornadas de programación que combinarán música, gastronomía, tradición e actividades para diferentes públicos.

As celebracións comezarán o venres 4 de setembro ás 21.00 horas cunha pancetada popular e un gran bingo. A noite continuará coa actuación do Dúo Paradise e unha sesión de DJ a cargo de DJ Fuentes.

O sábado 5 concentrará boa parte da programación. A xornada arrancará coa Batucada Tukupá e Os do Dimas, antes da celebración, ás 13.00 horas, da misa solemne, cantada polo Coro Berea. A continuación terá lugar a sesión vermú e posteriormente a verbena, coa actuación do Grupo Tapyoka.

Xa pola tarde, ás 18.00 horas, celebrarase un gran partido de fútbol mixto, mentres que a programación nocturna rematará ás 1.30 horas cunha chocolatada.

As festas despediranse o domingo 6 de setembro cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida da sesión vermú e do sorteo de rifas. A programación contará tamén coa actuación da Banda de Música de Sober, que poñerá o punto musical á última xornada das celebracións.

0.15091490745544