Novas de Esgos
Esgos celebrará o seu magosto o 8 de novembro con actuación musical na Praza da Souteira
O Concello organiza a xornada festiva coa venda anticipada de entradas en bares, tendas e oficinas municipais ata principios de mes
Esgos acolle o V Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia con 45 cociñeiros das catro provincias
O Mosteiro de San Pedro de Rocas celebra os días 19 e 20 de outubro unha nova edición do certame gastronómico, que combina patrimonio, turismo e cociña en miniatura e que se poderá seguir en directo por streaming
Esgos prepara o Samaín con obradoiros, percorridos pola vila e unha casa do terror
A programación desenvolverase os días 23 e 30 de outubro e inclúe actividades con inscrición previa e unha proposta aberta a todos os públicos no Centro Cultural Parada Justel
Esgos repartirá invitacións para Funtastik entre os nenos empadroados no municipio
As entradas serán válidas do 5 ao 8 de outubro e asignaranse por orde de recepción das solicitudes
O Mosteiro de San Pedro de Rocas acollerá o V Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia
O certame reunirá os días 19 e 20 de outubro medio centenar de profesionais da cociña das catro provincias galegas en plena Ribeira Sacra ourensá
Esgos reunirá o 13 de setembro a cinco comparsas tradicionais do entroido ourensán
Cinco agrupacións de máscaras e personaxes tradicionais do entroido daranse cita na Praza da Souteira para compartir os seus desfiles e costumes
O programa Maruxa Mallo achega a Esgos un obradoiro sobre o envellecemento activo e as oportunidades da idade
A actividade abordará tamén o impacto que a responsabilidade dos coidados ten sobre as mulleres
A ITV móbil para vehículos agrícolas pasará por Esgos a principios de setembro
A unidade estará no aparcamento do Velorio do Pinto e será necesario solicitar cita previa para realizar a inspección
A Festa do Emigrante de Esgos volveu reunir a veciños e visitantes nunha xornada de reencontro con 30 anos de historia
A celebración xurdiu en 1996 como unha iniciativa destinada a reencontrar á veciñanza emigrada que regresaba ao municipio durante o período vacacional
A XXX Festa do Emigrante e a XX Festa do Arroz con Leite chegan esta semana Esgos
As celebracións terán lugar o 20 de agosto na Praza da Souteira e incluirán unha cea popular e a degustación gratuíta de arroz con leite
Ourense afronta un martes de calor extrema: alerta vermella na montaña e aviso amarelo en Valdeorras
A Xunta activa mañá o nivel máximo de alerta por altas temperaturas na montaña ourensá, que inclúe boa parte da Ribeira Sacra, mentres Valdeorras queda en aviso amarelo
O Grupo de Acordeóns Bieito Blanco actuará este venres en Esgos
O concerto forma parte da programación de verán do Concello e terá lugar pola tarde na Praza da Souteira
O programa Maruxa Mallo continúa en Esgos cunha charla sobre saúde sexual
A actividade celebrarase o 16 de xullo en Vilar de Ordelles e forma parte dunha iniciativa conxunta dos concellos de Esgos, Nogueira de Ramuín e Paderne de Allariz
Esgos ofrece esta semana actividades de saúde, deporte, música e lecer
A programación inclúe un obradoiro sobre saúde sexual, pilates ao aire libre, un concerto, unha quedada BTT e os servizos habituais da piscina e da biblioteca
Esgos e Vilar de Ordelles acollerán sesións formativas sobre acompañamento a menores en situacións traumáticas
As xornadas ofrecerán ferramentas prácticas para afrontar situacións relacionadas con emerxencias, catástrofes ou experiencias traumáticas
O programa “Maruxa Mallo” continúa este xoves en Esgos cunha charla sobre alimentación
A actividade terá lugar ás 18:00 horas no Local Social de Pardeconde
Esgos presenta un amplo programa de verán con actividades culturais, deportivas e de lecer ata setembro
A programación inclúe obradoiros, concertos, cine, deporte e iniciativas interxeracionais distribuídas por distintas parroquias do municipio
Eventos
A Biblioteca de Esgos acolle un obradoiro sobre o papel das mulleres na ciencia
Será este venres e combinará experimentación práctica con contidos educativos co obxectivo de achegar ao público participante figuras femininas destacadas no ámbito científico
Activada a alerta laranxa por fortes chuvias na montaña de Lugo e Ourense e no sur lucense
Segundo os datos da AEMET, durante a xornada deste mércores espéranse acumulacións de ata 30 litrosor metro cadrado nun período dunha hora nas áreas afectadas
Esgos celebra este domingo a XVII Carreira San Pedro de Rocas con máis de 570 persoas inscritas
Con motivo da celebración da proba, aplicaranse cortes e restricións de tráfico en varias rúas do municipio
A Xunta e o Goberno confían na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial tras un informe de Icomos
As dúas administracións consideran que o informe de avaliación contén elementos favorables e confían en seguir defendendo a proposta ata a decisión final da Unesco
Regresa a Ribeira Sacra MTB con tres etapas de esixente percorrido pola provincia de Ourense
A proba terá lugar os días 29, 30 e 31 de maio cun trazado que pasará por Xunqueira de Espadanedo, Parada de Sil, Esgos e Pereiro de Aguiar
A Deputación mobiliza máis de 423.800 euros en investimentos para 11 concellos e a mancomunidade da Comarca de Ourense
As actuacións benefician aos concellos de Beariz, Boborás, Castrelo de Miño, Cortegada, Cualedro, O Irixo, Lobeira, Montederramo, Riós, San Cibrao das Viñas e Vilar de Barrio, así como aos concellos da mancomunidade
Nove concellos ourensáns activan a xeolocalización de vivendas para impulsar a rehabilitación no rural
Trátase dunha inciativa enmarcada no proxecto RE-HABITA RURAL LAB, na que participan San Xoán de Río, Porqueira, Boborás, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo, Oímbra, Esgos, Taboadela e Coles








