Novas de Quiroga
O QuiMedo reúne a 1.500 participantes na súa sétima edición, que consideran a máis extrema ata o momento
A localidade viviu unha nova noite de sustos con oito casas do terror, unha zona de cemiterio inédita e unha festa final que se prolongou ata a madrugada
O Goberno declara zona afectada por emerxencia de protección civil ao incendio forestal de Quiroga
O incendio forestal rexistrado no municipio, que acadou a situación operativa 2, inclúese entre os 45 episodios adversos recoñecidos polo Executivo central en nove comunidades autónomas
Quiroga celebra o Día das Bibliotecas cun espectáculo sobre científicos galegos
A Casa da Cultura acolle este venres unha narración oral pensada para achegar aos máis pequenos, dun xeito lúdico, as traxectorias de figuras galegas vinculadas ao mundo científico
Quiroga reúne a máis de 1.400 participantes na sétima edición do QuiMedo
O pavillón municipal será o punto de partida dun percorrido nocturno por oito casas do terror repartidas polo casco urbano, antes de pechar a xornada cun desfile e unha festa final
Quiroga e Ribas de Sil adiantan a recollida da oliva pola falta de chuvia
A calor acumulada durante os últimos meses acelera a madureza do froito nos olivais do sur de Lugo, onde os traballos xa están en marcha
O Centro Social de Quiroga ampliará a súa oferta de ximnasia cun novo grupo polas mañás
O Concello toma a decisión tras a elevada demanda para esta actividade, que conta con 40 persoas anotadas e 17 en lista de agarda
Quiroga ofrecerá un curso gratuíto de iniciación ao galego para maiores de 16 anos
A formación desenvolverase do 26 ao 30 de outubro na Casa da Cultura e incluirá nocións básicas da lingua e contidos sobre a cultura e a historia de Galicia
Transportes inicia este luns a reparación dos taludes da N-120 ao seu paso por Quiroga afectados polos temporais de principios de ano
As actuacións contan cun orzamento de case case 570.000 euros e teñen como obxectivo reparar os danos provocados polos desprendementos
O alumnado do Xeoparque aprende a improvisar en galego a través do brindo
Rapaces e rapazas de Quiroga e Ribas de Sil participaron nun obradoiro de improvisación oral en verso a cargo de Nuria Penas e Manoele Pardo
As Escolas Deportivas de Quiroga comezan o curso con 80 nenos e nenas anotados
Como novidade, este ano incorporouse o grupo ‘Chupete’ para idades de 4 e 5 anos
Quiroga inicia os traballos de acondicionamento do Castelo dos Novais
A actuación, financiada cunha axuda de 30.000 euros de Turismo de Galicia, inclúe a mellora dos accesos, a reparación dun muro e a renovación da iluminación
Desactivada a situación 2 no incendio de Calvos de Randín mentres continúa a extinción no de Quiroga
O lume no municipio ourensán alcanza as 460 hectáreas calcinadas mentres está xa estabilizado o de Manzaneda, que afecta a máis de 20
Quiroga actúa en 21 puntos das súas rúas para mellorar a accesibilidade
Os participantes do obradoiro dual de emprego SilLor XII executan traballos na Rúa Real, Río Lor e Pereiro como parte da formación práctica do alumnado
Galicia avanza na recuperación de variedades autóctonas de oliveira para impulsar o cultivo
Medio Rural identifica as castes Brava e Mansa e traballa na selección de exemplares para producir planta certificada destinada ao sector
O Centro Social de Quiroga presenta a programación de actividades para o curso 2026/2027
O programa inclúe talleres de memoria, ximnasia, manualidades e baile latino, ademais das tardes mensuais de bingo e do faladoiro
Quiroga presentará este venres os resultados do proxecto ‘Tecendo Memorias’ na Casa da Cultura
O encontro reunirá na Casa da Cultura ás persoas participantes na iniciativa, que recuperou lembranzas, saberes e tradicións de tres parroquias o Xeoparque
Os escolares de Quiroga aprenden galego con sopas de letras e crucigramas
Un obradoiro de xogos de palabras permitiu ao alumnado dun colexio da comarca do Courel practicar a lingua galega de forma lúdica e creativa
Eventos
Controlado o incendio forestal de Quiroga, que afecta unhas 460 hectáreas e estabilizado o de Silleda
A Consellería do Medio Rural lembra que a cidadanía pode comunicar a detección de incendios forestais a través do teléfono gratuíto 085
Declárase a Situación 2 como medida preventiva no incendio de Quiroga
O lume orixinouse onte ás 15.25 horas e, segundo as últimas estimacións provisionais, xa calcinou 320 hectáreas na zona
A II Quiroga Bike Marathon esgota case todas as prazas a días da súa celebración
A proba, presentada esta semana, reunirá o vindeiro sábado aos afeccionados ao ciclismo de montaña en dous percorridos pola comarca
Comezan as obras de humanización da rúa Rosalía de Castro en Quiroga
O proxecto, cun orzamento de 48.390,47 euros, inclúe a renovación do sistema de iluminación pública e a construción de novas beirarrúas de formigón coloreado
Quiroga abre a inscrición para as Escolas Deportivas Municipais da tempada 2026-2027
O Concello pon en marcha unha nova tempada de actividade deportiva municipal para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, cunha novidade neste curso: a incorporación dunha categoría para os máis pequenos
O CSIF denuncia a falta de negociación sindical en decisións de persoal no Concello de Quiroga
O sindicato reclama que se convoque a Mesa Xeral de Negociación antes de aprobar orzamentos, cadro de persoal, relación de postos e oferta de emprego público, e non descarta emprender accións administrativas e xudiciais se a situación se mantén
A Escola de Música do Xeoparque Montañas do Courel abre as inscricións para o novo curso
A programación inclúe guitarra, piano, batería, canto, baixo e teoría musical, coa posibilidade de presentarse aos exames oficiais RSL










