QuiMedo pecha as inscricións tras completar o aforo para a súa séptima edición

QuiMedo 7, a gran Festa do Terror de Quiroga, pechou o prazo de inscricións despois de alcanzar o número máximo de participantes nesta edición. A organización agradece a resposta do público e destaca a acollida da convocatoria, que xa conseguira vender 600 entradas no mes de setembro.
Aínda así, as persoas que non conseguiron entrada anticipada terán unha última oportunidade para asistir ao evento, xa que quedan 100 localidades dispoñibles. As entradas poderán mercarse exclusivamente na billeteira o sábado 24 de outubro, a partir das 19.00 horas. O prezo será de 20 euros por entrada e a organización lembra que só quedan 100 unidades á venda.
O evento volverá converter Quiroga nun escenario de terror, cunha proposta na que os participantes terán que correr, agocharse e afrontar diferentes situacións ao longo da noite.