Novas de A Pobra do Brollón
A Pobra do Brollón mellora a zona recreativa do local social da Estación
Os traballos enmárcanse nun programa formativo que combina a cualificación profesional de persoas desempregadas coa realización de tarefas de utilidade pública no Concello
'Bibliocanta' leva o cancioneiro tradicional galego á Casa da Cultura 'Olga Novo' da Pobra do Brollón
A proposta, dirixida a público a partir de 3 anos, celébrase este sábado no marco da celebración do Día da Biblioteca
Cris de Caldas presenta ‘Mulleres de conto’ na Pobra do Brollón
O acto terá lugar o sábado 17 de outubro na Casa da Cultura Olga Novo e recuperará historias de mulleres que merecen ser lembradas
A veciñanza da Pobra do Brollón volverá saír á rúa para reclamar médicos e máis persoal no Centro de Día
A concentración celebrarase o día 11 diante do Centro de Saúde e dará continuidade ás mobilizacións iniciadas en agosto pola situación da atención sanitaria no municipio
A Escola de Música Samoeiro organiza este xoves unha nova xornada de portas abertas
As persoas interesadas poderán achegarse a unha clase de iniciación á música tradicional, centrada na gaita e na percusión
Sober incorpora un punto limpo móbil para mellorar a xestión de residuos nos eventos
O dispositivo conta con nove bocas selectivas e foi financiado cunha axuda de 15.000 euros da Consellería de Medio Ambiente
A Pobra do Brollón comeza o 1 de outubro as actividades deportivas do curso 2026-27
O programa inclúe ximnasia, aerobic, ioga e pilates, con clases en diferentes horarios na Pobra e en Cereixa, e admite tamén grupos de parroquias con polo menos dez persoas
Antom Garcia Rodrigues presenta na Pobra do Brollón 'Espaços afetivos da Galiza na Lisboa atual', un libro sobre a pegada galega na capital portuguesa
A Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá o venres 25 de setembro a presentación dunha obra que repasa como a emigración galega marcou a capital portuguesa
A área sanitaria de Lugo oferta a praza vacante de medicina de familia da Pobra do Brollón para a súa cobertura estable
O centro de saúde conta con dúas prazas médicas; unha está cuberta con normalidade pola súa titular, mentres a segunda, vacante, xa está ofertada para a súa provisión definitiva, nun contexto de escaseza xeneralizada de profesionais
O festival As Cores do Outono trae dúas xornadas de música folk á Pobra do Brollón
O concello lucense celebra esta fin de semana unha nova edición do seu festival de música tradicional, con actuacións na Casa da Cultura e na área recreativa de Samugueiros, todas de acceso libre
A Pobra do Brollón pecha o Ciclo Mestre Mateo cun documental sobre o silencio familiar
O local social de Eixón acolle o vindeiro domingo a sesión final do ciclo de cine, cunha obra que afonda nos silencios herdados dentro dunha familia
A Pobra do Brollón celebrará o V Trail e Andaina Capela San Vitorio o 6 de setembro
A proba ofrecerá percorridos de trail de 28 e 14 quilómetros e dúas modalidades de andaina de 14 e 9 quilómetros
A Pobra do Brollón enche de maxia e humor a área dos Samugueiros
A Maga Fani ofrecerá este mércores un espectáculo para todos os públicos con trucos, sorpresas e moitas risadas
O Sergas asegura que a Pobra do Brollón ten atención médica diaria mentres veciñanza, PSdeG e BNG reclaman cubrir as prazas vacantes
A Área Sanitaria afirma que hai facultativo todos os días laborables e que as citas se están dando cunha demora de arredor de tres días, mentres a mobilización deste martes esixe unha cobertura estable
A Pobra do Brollón renova o material deportivo para reforzar a actividade física no municipio
O equipamento adquirido a través dun convenio coa Deputación de Lugo será empregado nas actividades municipais e en colaboracións con entidades deportivas
A veciñanza da Pobra do Brollón sairá á rúa para esixir unha atención médica “adecuada, estable e suficiente”
A mobilización terá lugar o 25 de agosto, partirá ás 12.00 horas do colexio e rematará no Centro Médico, onde se reivindicarán solucións ante a situación actual da asistencia sanitaria
As Cores do Outono regresa á Pobra do Brollón cun cartel protagonizado por Balteira, Ialma e Galega de Bailables
A duodécima edición do festival celebrarase o 11 e 12 de setembro na área recreativa de Samugueiros e incluirá tamén o espectáculo “Unha xograría de aldea”, de Alba de Vales
Eventos
Nico Mao e María Oxeito unen Galicia e Australia nun concerto de voces, guitarra e melódica en A Pobra do Brollón
O dúo ofrecerá un repertorio de temas propios e versións reinterpretadas cun estilo cálido e emotivo, o mércores 19 de agosto ás 21.00 horas na área recreativa de Samugueiros
A Pobra do Brollón celebra a décima edición do Campo de Voluntariado do Castro e Romaría de San Lourenzo
15 mozos e mozas de Italia, Turquía, República Checa, México e diferentes puntos de España, Cataluña e Galicia participarán ata o 14 de agosto nos traballos arqueolóxicos e na organización da romaría
A Pobra do Brollón proxectará este xoves o documental “360 curvas”, gañador do Mestre Mateo
A proxección terá lugar o 6 de agosto no local social de Cereixa e permitirá ver o documental recoñecido como mellor da última edición dos Premios Mestre Mateo
O goberno da Pobra do Brollón denuncia a falta de médicos e reclama solucións urxentes para o centro de saúde
O executivo local asegura que hai días sen atención médica e pide cubrir de forma definitiva a praza vacante e as baixas actuais
'Sirât', de Óliver Laxe, chega este mércores ao Ciclo Mestre Mateo na Pobra do Brollón
A premiada longametraxe proxectarase ás 20.30 horas na Casa da Cultura Olga Novo
Os participantes do Obradoiro de Emprego completan a limpeza do acceso á Cova das Choias
O alumnado continuará co acondicionamento dos accesos a outros enclaves, como Penas do Castelo, dentro dos traballos de prevención de incendios forestais
O Concello da Pobra do Brollón pide facer un consumo responsable da auga ante o aumento da demanda durante o verán
Solicitan á veciñanza que evite usos non esenciais da rede municipal para garantir o abastecemento de auga potable










