A Pobra do Brollón proxectará este xoves o documental “360 curvas”, gañador do Mestre Mateo

RibeiraSacraXa
A proxección terá lugar o 6 de agosto no local social de Cereixa e permitirá ver o documental recoñecido como mellor da última edición dos Premios Mestre Mateo
360-curvas-mestre-mateo
6 Aug 2026

A da Pobra do Brollón acollerá este xoves 6 de agosto a proxección de 360 curvas, documental distinguido co premio ao Mellor Documental na última edición dos Premios Mestre Mateo.

A sesión celebrarase ás 20.30 horas no local social de Cereixa e ofrecerá ao público a oportunidade de coñecer unha historia que toma como punto de partida as 360 curvas que separan A Fonsagrada de Lugo. Ese percorrido sinuoso e descendente entre montañas serve como metáfora do declive dun territorio que, a comezos da década de 1990, decidiu loitar pola súa supervivencia. O documental afonda así na realidade desta comarca e na capacidade da súa poboación para facer fronte ás dificultades.

0.12378001213074