Novas de Parada de Sil
Parada de Sil celebra en novembro a decimoterceira edición da súa festa dedicada á pisa da castaña
A localidade de Purdeus acollerá o vindeiro 14 de novembro unha nova cita con esta celebración tradicional, que combina a recreación dos labores agrícolas de antano con mercado e comida popular
Parada de Sil dá luz verde definitiva ás axudas para rehabilitar vivendas destinadas ao alugueiro
A nova normativa cubrirá ata o 80 % do custo das obras, cun máximo de 3.000 euros por vivenda, sempre que a propiedade se destine despois a alugueiro habitual durante polo menos tres anos
Parada de Sil destina 6.500 euros á compra dunha rozadora para o servizo de maquinaria municipal
O Concello fai firme a modificación orzamentaria despois de non se rexistraren alegacións durante o prazo de exposición pública
O BNG de Parada de Sil pide acceso á documentación sobre o proxecto dunha futura central entre os encoros de San Pedro e A Edrada
A formación reclama información sobre o proxecto e alerta das posibles consecuencias ambientais e patrimoniais nun territorio protexido
ADEGA cuestiona o proxecto dunha nova central de bombeo entre os encoros de Santo Estevo e Edrada-Mao
O proxecto pretende desenvolver un aproveitamento hidroelctrico de bombeo de 75.000 litros, mentres que ADEGA reclama que ese volume de auga se reserve para usos ambientais
Interior Galego Vivo alerta que a viticultura galega afronta a vendima "á intemperie" ante a falta de resposta da Xunta
A organización sinala que os prezos da uva levan máis de dúas décadas practicamente conxelados mentres os custos de produción non paran de subir, e reclama á Consellaría do Medio Rural un estudo oficial de custos que permita aplicar a Lei da Cadea Alimentaria
Parada de Sil impulsa a recuperación dos soutos tradicionais cun investimento de preto de 450.000 euros
As actuacións desenvolvéronse en case 29 hectáreas para mellorar a xestión forestal, previr incendios e poñer en valor estes espazos
Activada a alerta laranxa por fortes chuvias na montaña de Lugo e Ourense e no sur lucense
Segundo os datos da AEMET, durante a xornada deste mércores espéranse acumulacións de ata 30 litrosor metro cadrado nun período dunha hora nas áreas afectadas
A Ribeira Sacra acolle un foro internacional do Consello da Paisaxe para impulsar o debate europeo sobre clima e territorio
Trátase dunha reunión organizada polo Ministerio de Cultura en colaboración coa Secretaría do Paisaxe do Consello de Europa e a Xunta de Galicia, que reúne representantes dos 40 estados asinantes do Convenio do Paisaxe
A Deputación de Ourense recuperará en outubro a Mostra dos Viños da Ribeira Sacra
A celebración terá lugar a fin de semana do 24 de outubro, coincidindo co final da vendima, como homenaxe ao traballo de viticultores e adegueiros, e a comisión organizadora xa traballa no programa
A Deputación mobiliza máis de 423.800 euros en investimentos para 11 concellos e a mancomunidade da Comarca de Ourense
As actuacións benefician aos concellos de Beariz, Boborás, Castrelo de Miño, Cortegada, Cualedro, O Irixo, Lobeira, Montederramo, Riós, San Cibrao das Viñas e Vilar de Barrio, así como aos concellos da mancomunidade
Eventos
OcioenGalicia
Cocido de Porco Celta de Sarria
OcioenGalicia
129 aniversario de Avelino Díaz en Riotorto y Meira





