Novas de Folgoso do Courel
Os ‘Camiños dos Sabores’ regresan ao Courel con catro propostas para coñecer os produtos locais
A cuarta edición comezará o 10 de outubro e combinará rutas guiadas con visitas a produtores e actividades vinculadas á gastronomía da montaña
Música de raíz no corazón da serra do Courel
Creado no ano 2024 da man de Xavier Blanco e Martina Ferradás, o Centro de Interpretación da Música de Raíz da Fundación Legar garda entre as súas paredes unha colección de máis de 1.200 instrumentos de música de raíz galegos
O brindo achegará a improvisación oral en galego ao alumnado do Xeoparque Montañas do Courel
Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel organizarán obradoiros nos seus colexios e unha actuación aberta ao público o 4 de outubro
Folgoso do Courel estrea a nova rúa Sandra Rodrigo tras un investimento de 300.000 euros
A actuación do Plan Hurbe financiouse nun 70 % pola Xunta e nun 30 % polo Concello e mellora o acceso a Fondo da Vila e aos seus principais equipamentos
Os concellos do Xeoparque Montañas do Courel suman forzas para fomentar o uso do galego entre a infancia
Unha iniciativa conxunta de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga inclúe actividades e xogos de palabras para aprender e practicar o idioma
Vinte mulleres converten O Courel nun espazo para ler e compartir nas V Lecturas Habitadas da Fundación Uxío Novoneyra
A proposta permitiu ás participantes gozar da lectura dun xeito comunitario, a través de sesións de lectura en voz alta, conversación e intercambio de diferentes puntos de vista
Coureleando estreará este sábado unha nova por Visuña
A proposta, deseñada por Guillermo Díaz Aira, percorrerá 18 quilómetros entre o Alto do Couto, Visuña e Cruces, con 923 metros de desnivel positivo
O PP denuncia novas tarifas por obras hidráulicas en Baralla e Folgoso do Courel
Os populares aseguran que os convenios asinados coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil non contemplaban estes pagamentos e levaron o asunto ao Congreso e ao Senado
Coureleando organiza dúas novas rutas esta fin de semana
As propostas percorrerán a contorna de Formigueiros e Seceda os días 22 e 23 de agosto
Folgoso do Courel acolle este xoves o espectáculo familiar “A fada que non sabía ser fada”
A proposta de Trémola Teatro combinará teatro e música a partir das 19.00 horas na Praza do Concello
O PP critica que a residencia de maiores de Folgoso do Courel segue sen construirse tras expirar o prazo previsto
Antonio Ameijide acusa os gobernos do PSOE e do BNG na Deputación de incumprir o convenio e reclama que se retome o proxecto para dotar o municipio do servizo comprometido
Meiraos celebra este sábado a súa festa patronal
A parroquia de Meiraos, no Concello de Folgoso do Courel, vive este 15 de agosto a súa festividade anual con misas, procesión, sesión vermú e verbena a cargo das orquestras Alabama e Los Sobraos
A Furgoteca levará os seus libros polas aldeas de Folgoso do Courel no mes de agosto
A biblioteca móbil da Xunta percorrerá dúas rutas polo municipio lucense os días 10 e 28 de agosto, levando o servizo de préstamo de libros ata as parroquias máis afastadas
A Fundación Uxío Novoneyra convida á veciñanza a participar no proxecto Terraverso
A iniciativa, desenvolvida xunto con distintas casas-museo e a Universidade da Coruña, busca coñecer a percepción da cidadanía sobre a Casa-Museo Uxío Novoneyra e o territorio no que se integra
Eiriz celebra o XXX aniversario das súas festas na honra a San Xoán cunha edición especial
A veciñanza organizará os días 16 e 17 de agosto un programa con petanca, misa e procesión, música tradicional, verbena con DJ Rafa e concurso de baile
Folgoso do Courel achégase aos oficios tradicionais con cursos e obradoiros gratuítos
A sexta edición de “Artesanía de Galicia no Courel” reúne ata o domingo propostas de iniciación á ourivería, cerámica, ebanistería, tecido e cestería, ademais de actividades abertas a todos os públicos
O Courel acolle a partir deste mércores máis dunha vintena de obradoiros da man de Artesanía de Galicia
Folgoso do Courel e Parada acollerán propostas de cerámica, ourivería, ebanistería, cestería, téxtil, ilustración e outras disciplinas artesanais para público adulto e infantil
Eventos
Interior Galego Vivo renova a súa dirección e aproba unha folla de ruta municipal de cara a 2027
A formación, integrada na coalición Agora Galicia, aposta por reforzar a súa presenza institucional e afrontar desafíos como o despoboamento, os incendios forestais e a desigualdade social
Folgoso do Courel celebra este sábado as festas de Santiago Apóstolo en Vilasibil
Haberá misa, música e verbena para amenizar a xornada
Artesanía de Galicia regresa ao Courel cunha nova edición de obradoiros entre o 5 e o 9 de agosto
A sexta edición do programa incluirá formacións de cerámica, ourivería, ebanistería, tecido e traballos con vimbio en Folgoso do Courel e Parada
Aberto o prazo de inscrición para participar en Territorio Novoneyra 2026
O programa da Fundación Uxío Novoneyra propón catro rutas para descubrir a serra a través da literatura, a memoria, a historia e a paisaxe
Folgoso do Courel celebra este sábado unha nova edición da Festa da Cultura e a Tradición
A xornada reunirá baixada de carrilanas, demostracións artesanais, xogos tradicionais e un concerto no Souto da Carroza
A raíña Dona Sofía visita as zonas protexidas afectadas polos lumes en Rubiá e Folgoso do Courel
A Fundación Raíña Sofía colaborará coa Xunta nunhas actuacións que superan os 170.000 euros para recuperar estes espazos naturais
A Deputación inicia o aglomerado do último tramo pendente da estrada entre Pedrafita e Seoane do Courel
A actuación, cun investimento de 390.000 euros, completará a renovación integral da LU-P-1301, na que a institución provincial leva investido máis dun millón de euros








