Meiraos celebra este sábado a súa festa patronal

Meiraos, parroquia do Concello de Folgoso do Courel, celebra este sábado 15 de agosto a súa festa anual en honra a Santa María. A organización corre a cargo da propia veciñanza, que preparou unha xornada festiva con actos relixiosos e musicais para todas as idades.
A programación comezará ás 13.00 horas cunha misa, á que seguirán a procesión e unha sesión vermú amenizada pola Orquestra Alabama. Pola tarde, ás 19.00 horas, terá lugar unha segunda misa, e a partir das 20.00 horas continuará a sesión de tarde, de novo con Alabama no escenario.
Xa de madrugada, desde as 00.00 horas, comezará a verbena, na que actuarán conxuntamente as orquestras Alabama e Los Sobraos. A xornada festiva pecharase coa actuación da Disco Móbil Chocolate.
Desde a organización recomendan consultar todos os horarios no cartel oficial da festa.