Novas de Ribas de Sil
A Asociación de Veciños de Torbeo estrea a cociña da escola cunha obra de teatro e unha festa veciñal
O encontro, celebrado durante a fin de semana, combinou unha representación teatral cunha comida popular e serviu tamén para recibir a tres novas familias chegadas á parroquia
FAPACEL denuncia a falta de planificación nas substitucións e o financiamento insuficiente dos comedores
A federación alerta de vacantes sen cubrir, falta de persoal auxiliar e recursos económicos insuficientes para garantir a calidade do servizo nos centros educativos da provincia de Lugo
A escola de Torbeo de Ribas de Sil estrea calefacción e novo mobiliario grazas á colaboración veciñal
O local, sede do clube de lectura, conta agora cunha caldeira de pellets e 25 cadeiras novas tras un acordo entre a administración local e a asociación veciñal
O Grupo de Teatro do Hospital de Lugo provoca risas nos Outonos de Teatro de Ribas de Sil
A cita, incluída nos Circuitos de Teatro da Deputación de Lugo, terá continuidade nas vindeiras semanas con novas funcións no municipio e en Torbeo
Transportes licita por máis de 603.000 euros obras para mellorar a seguridade viaria na N-540 e na N-120 en Lugo
A intervención abrangue 144 quilómetros das dúas estradas estatais, con actuacións nos concellos de Lugo, Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada, Carballedo, Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos e Pantón
O Courel e a Ribeira Sacra celebran en novembro o seu primeiro encontro conxunto de iniciativas locais
A cita, aberta a entidades, empresas e cooperativas de ambos os territorios, busca reforzar a colaboración entre proxectos de turismo, patrimonio, cultura e economía social
Ribas de Sil restablece a recollida de cartón e amplía os seus contedores de reciclaxe selectiva
O Concello cambia de empresa encargada de baleirar os contedores de cartón tras a renuncia da anterior, ao tempo que suma novos contedores azuis e amarelos para reforzar a separación de residuos
Ribas de Sil suspende as festas patronais de San Clodio polo loito oficial tras o accidente de tren de Urda
O Concello súmase ao loito decretado polo Goberno central os días 29, 30 e 31 de outubro e mantén unicamente o acto relixioso en honra ao patrón
Ribas de Sil instala 40 novos sinais para mellorar a localización das súas aldeas
O Concello pon en marcha a segunda fase dun proxecto de sinalización que afecta principalmente aos núcleos da parroquia de Torbeo, cun investimento superior aos 4.700 euros
Quiroga e Ribas de Sil adiantan a recollida da oliva pola falta de chuvia
A calor acumulada durante os últimos meses acelera a madureza do froito nos olivais do sur de Lugo, onde os traballos xa están en marcha
Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil impulsan o uso do galego na educación, o comercio e a tecnoloxía
Un programa conxunto desenvolvido entre agosto e mediados de outubro combina unha campaña comercial, obradoiros escolares, unha recuperación da tradición oral e unha ferramenta dixital para fomentar o uso da lingua no territorio
O programa 'Lugo de corazón a corazón' achegará a prevención cardiovascular a 16 concellos da provincia
A Deputación achega 8.217,50 euros a ACARLU para organizar sesións sobre prevención, hábitos saudables, primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar desde este mes ata a primavera
Ribas de Sil celebrará esta fin de semana as festas de Peites con música, comida e tradición
A celebración contará o sábado con misa, procesión, sesión vermú e baile, mentres que o domingo haberá unha comida popular e un campionato de tute
Ribas de Sil recupera a Fonte da Ventosa en Torbeo a través do obradoiro Sillor XII
Os participantes do programa de emprego completaron os traballos de recuperación deste elemento do patrimonio etnográfico da localidade
Outros dous fallos favorables do TSXG relacionados con eólicos dan a razón ao Goberno autonómico
Ángeles Vázquez salienta que a última sentenza do Alto Tribunal galego non só aplica a mesma doutrina que o Supremo e a Xustiza europea senón que analiza a fondo toda a documentación e os informes das avaliacións ambientais
Ribas de Sil remata as obras de mellora do acceso á captación de auga de Torbeo
A actuación, cun investimento de 17.029,84 euros, facilita o acceso en vehículo e inclúe novas arquetas e un peche para protexer as instalacións
A Nocturna do Xeoparque regresa este sábado a Ribas de Sil
A proba, con saída en San Clodio, ofrecerá modalidades de 16, 10 e 8 quilómetros e carreiras infantís gratuítas
Eventos
OcioenGalicia
II San Silvestre de O Vicedo
OcioenGalicia
XXVI Jornadas Mindonienses de Arqueología 2026
Ribas de Sil reúne 18 mulleres nunha xornada de defensa persoal enfocada na autoconfianza e a seguridade
A actividade, impulsada pola FEGAMP coa colaboración da Xunta e do Concello, abordou a prevención, a autoconfianza e a seguridade
Ribas de Sil organiza unha excursión á Mariña Lucense o 1 de outubro
A viaxe incluirá visitas á fábrica de Sargadelos e ao Barco Museo Boniteiro de Burela e contará con transporte e entradas gratuítas
O alumnado do CEIP San Clodio participa nun obradoiro de pasatempos en lingua galega
A actividade, conducida pola escritora e docente Celia Díaz Núñez, combinou sopas de letras, cruzadas e outros xogos de palabras para fomentar o uso do galego entre os máis pequenos
O CEIP San Clodio de Ribas de Sil comeza o curso con 24 alumnos e novos proxectos educativos
O centro mantén estable a súa matrícula respecto ao ano anterior e estrea dirección, ademais de incorporar novas iniciativas pedagóxicas para o novo curso
Ribas de Sil remata o seu ciclo de conversas de verán cunha sesión sobre toponimia local
A última cita do programa estival centrarase no estudo dos nomes de lugares do concello, mañá ás 19.30 horas na praia fluvial de San Clodio
Ribas de Sil pon en marcha a renovación da sinalización vertical en todo o municipio
Os traballos, que arrincan pola parroquia de Soutordei, contemplan a instalación de 60 novos sinais de distintos tamaños en todo o termo municipal
Comezan en Ribas de Sil as obras para mellorar o acceso á captación de auga de Torbeo
A actuación permitirá chegar en vehículo ata as inmediacións da captación e reforzará a súa protección con novas arquetas e un peche perimetral






