Ribas de Sil organiza unha excursión á Mariña Lucense o 1 de outubro

RibeiraSacraXa
A viaxe incluirá visitas á fábrica de Sargadelos e ao Barco Museo Boniteiro de Burela e contará con transporte e entradas gratuítas
porto-de-burela
25 Sep 2026

O Concello de Ribas de Sil organizará o próximo 1 de outubro unha excursión á Mariña Lucense, unha iniciativa que conta coa colaboración da Deputación de Lugo e que permitirá á veciñanza coñecer diferentes espazos vinculados ao patrimonio e á cultura da provincia.

A xornada comezará cunha visita á histórica fábrica de Sargadelos. Posteriormente, o grupo desprazarase ata Burela, onde terá lugar o xantar e, pola tarde, a programación continuará cunha visita ao Barco Museo Boniteiro e un paseo polo porto acompañado por unha guía.

A viaxe e as entradas ás actividades serán gratuítas, mentres que as persoas participantes deberán asumir unicamente o custo do xantar, establecido en 25 euros.

A saída está prevista para as 08.30 horas desde a Praza do Concello, en San Clodio, e o regreso terá lugar arredor das 22.00 horas.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o 29 de setembro nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono 982 428 237.

0.13423609733582