Novas de Monforte
O PP levará ao pleno da Deputación unha iniciativa para reclamar a anulación do convenio para a construción da ponte do Malecón
Os populares consideran que o proxecto conta cun amplo rexeitamento social, cuestionan o destino dos fondos provinciais e critican a postura do BNG tanto na Deputación como en Monforte
Monforte xa ten pregoeiro para as Festas Patronais
Trátase do empresario José Manuel Rodríguez, que dará o pregón o 11 de agosto ás 20.30 horas na Casa do Concello
A Ribeira Sacra acolle un encontro europeo para impulsar a conservación do patrimonio románico
O Centro do Viño de Monforte reúne desde este martes a representantes de distintos territorios europeos vinculados á conservación, promoción e divulgación do patrimonio románico na Asemblea Xeral da Transrománica
O Concello de Monforte implantará a xornada laboral de 35 horas semanais para todo o persoal municipal a partir do 1 de outubro
A medida, aprobada pola Xunta de Goberno Local, será presentada este mércores á Mesa Xeral de Negociación antes da súa entrada en vigor
A Deputación de Lugo reúne no Pazo de Tor unha vintena de colectivos para reflexionar sobre o papel transformador da cultura
O encontro enmarcouse no proxecto "Escola, Cultura e Territorio", promovido xunto á Deputación da Coruña e o Consello da Cultura Galega
Monforte inaugura o novo aparcadoiro do polígono do Reboredo tras un investimento de máis de 305.000 euros
A nova infraestrutura triplica a superficie do antigo estacionamento, ofrece capacidade para 17 camións e 64 turismos e incorpora iluminación LED, videovixilancia e catro prazas con cargadores eléctricos
Especialistas de toda España recoñecen no Pazo de Tor os 20 anos de traxectoria da Rede Museística Provincial
Medio cento de profesionais puxeron en valor o modelo de museoloxía social da RMPL no marco dun proxecto estatal de investigación
O Museo Provincial de Lugo exhibe cinco debuxos orixinais de Castelao cedidos polo Museo de Pontevedra
A colaboración entre ambas institucións inaugúrase cunha mostra centrada en 'Os vellos non deben de namorarse', obra que tamén protagonizará unha representación teatral no Pazo de Tor o vindeiro domingo
O Club Atletismo A Gándara leva dúas medallas de prata para Monforte nos Xogos do Eixo Atlántico
Claudia Álvarez Velasco foi subcampioa nos 1.000 metros en pista e na carreira de ruta, mentres que o equipo feminino acadou un cuarto posto na proba de ruta
Ribas de Sil alcanzou os 42,3 graos e marcou a temperatura máis alta de Galicia
Os termómetros tamén superaron os 40 graos en Ourense, Monforte, Leiro e Pantón
Monforte participa nos XVI Xogos do Eixo Atlántico cunha delegación de 68 deportistas
A representación monfortina competirá en voleibol, baloncesto, atletismo e natación nun encontro que reúne máis de 2.000 participantes de Galicia e o norte de Portugal
Ana Pontón denuncia en Monforte que o Goberno de Rueda segue sen limpar nas zonas de alto risco de incendios
Reivindica o modelo forestal e o rural vivo que defende o BNG fronte a un PP "que quere facer de Galiza un gran eucaliptal e dos montes, un polvorín"
Monforte inaugura a VIII edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra con 27 adegas e unha ampla programación
O certame arrancou coa inauguración oficial e o pregón pronunciado por José Manuel Silva Rodríguez, coñecido como Cuqui Silva
A Deputación impulsa tres espazos estratéxicos na Ribeira Sacra para reforzar a candidatura a Patrimonio Mundial
A Xunta de Goberno inicia a concesión do embarcadoiro dos Chancís, instalacións en Maiorga e o náutico de Augas Mestas para atraer proxectos turísticos sostibles
Monforte reúne deste este venres 27 adegas na oitava edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra
Gastronomía, música, actividades divulgativas e iniciativas turísticas arredor da denominación de orixe daranse cita até o domingo no Paseo do Malecón
Cruce de reproches entre PP e BNG pola ponte do Malecón de Monforte
O BNG pide a paralización da infraestrutura e denuncia a autorización da Xunta, mentres o PP acusa os nacionalistas de “buscar rédito político” e reitera o seu rexeitamento á obra
Monforte contará con puntos de recarga para vehículos eléctricos na estación dentro do plan estatal de Adif
A actuación intégrase nun proxecto que permitiu poñer en funcionamento 254 prazas electrificadas en 21 estacións de viaxeiros da rede ferroviaria
Eventos
OcioenGalicia
Romaxe do Bo Xantar de Naseiro 2026
OcioenGalicia
Balcón ao Universo en Ourense
OcioenGalicia
Tríatlon Cidade de Ferrol 2026
O BNG de Monforte anuncia que explorará novas vías para impulsar vivenda pública tras o rexeitamento do proxecto do edificio Raíces
A formación nacionalista lamenta a negativa do goberno local a apoiar a adquisición do inmoble e considera que se perde unha oportunidade “difícilmente repetible”
Monforte acolle este xoves unha conferencia divulgativa sobre a eclipse solar do 12 de agosto
A sesión, impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, explicará o fenómeno e ofrecerá pautas para a súa observación segura
A Xunta e as diputacións de Ourense e Lugo reúnense para estudar as actuacións de recuperación polas inundacións
Tamén estiveron presentes representantes dos concellos de Viana do Bolo, Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Vilardevós, A Gudiña, A Rúa, Monforte e O Saviñao
Monforte reúne centos de persoas na Praza de España para celebrar o XXV Festival de Habaneras
Tres recoñecidas formacións corais ofreceron un concerto que culminou cunha emotiva interpretación conxunta e unha homenaxe ás vítimas do terremoto de Venezuela
A Gala do Deporte de Monforte recoñece aos mellores deportistas do ano
A undécima edición do evento reuniu a deportistas, clubs e autoridades na Casa da Cultura Lois Pereiro, onde o Concello destacou o investimento de máis de 154.000 euros no deporte local durante 2026
Semente Ribeira Sacra organiza unha mesa redonda en Monforte baixo o título “Oportunidades de negocio no rural”
A iniciativa terá lugar este próximo luns e estará aberta ao público en xeral, cun especial chamamento a empresas e persoas emprendedoras
Elena Candia traslada o apoio do PP de Lugo á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO
A presidenta provincial del PP reuniuse en Monforte con alcaldes e representantes da zona sur e destacou a colaboración institucional como clave nesta fase final do proceso







