Novas de Monforte
As festas de Monforte ponen fin tras cinco xornadas de celebracións e unha afluencia multitudinaria
A actuación da Orquesta Panorama na Praza da Compañía pechou a programación ante milleiros de persoas, mentres que os fogos artificiais e o resto de actividades tamén rexistraron unha elevada afluencia
O Torneo de Golf Concello de Monforte cumpre 25
A edición deste ano, organizada polo Club Deportivo Río Cabe Golf co patrocinio do Concello de Monforte, contou coa participación de 44 xogadores
Monforte chega ao ecuador das súas Festas Patronais cunha "valoración moi positiva", segundo o alcalde
José Tomé destaca a gran afluencia de público, a ausencia de incidencias e o éxito da nova fonte do Parque dos Condes, mentres o programa continúa ata o domingo 16 con Marlon, Walls e a Orquestra Panorama
Derradeiros días para apuntarse ao XIII Campus de Voleibol Ribeira Sacra
O campus, dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos, celebrarase do 24 ao 28 de agosto en Monforte de Lemos
Monforte de Lemos vive unha xornada histórica co eclipse solar total e o dispositivo de tráfico funciona sen incidencias
O alcalde, José Tomé Roca, destaca a gran afluencia de visitantes e o correcto funcionamento do operativo especial durante os 41 segundos de escuridade total que se viviron na cidade
Monforte repartirá gafas homologadas de balde para ver a eclipse solar do 12 de agosto
O Concello entregará o material de protección ocular na Casa do Concello de 09.30 a 13.30 horas, ata fin de existencias, e pide á veciñanza que recolla unha soa unidade por persoa
A Gala da Maxia encheu a Praza de España de Monforte nuncha noite chea de ilusión
Os ilusionistas Iago, Rafa e Carlos Adriano protagonizaron este domingo unha nova cita gratuíta do Verán Cultural, que reuniu a numeroso público entre trucos, malabarismos e bo humor
O BNG de Monforte cuestiona a nova fonte do Parque dos Condes por non ter en conta a situación de escaseza de auga
Critican o investimento de preto de 700.000 euros na infraestrutura ornamental mentres se recomendan medidas de aforro e se rexistran cortes de subministración en parroquias
O Campionato de Pesca Infantil e Xuvenil reúne en Monforte novos afeccionados durante as Festas Patronais
Manuel Rodríguez e Lucas Pavón lograron os primeiros postos nas dúas categorías dunha competición organizada polo Club de Pesca Río Cabe
O BNG de Monforte anuncia novas accións para tentar frear o proxecto da ponte sobre o río Cabe
A formación nacionalista estudará vías legais e unha posible consulta cidadá e busca coordinarse con outros grupos da oposición e coa plataforma Salvemos o Malecón
A nova Ponte do Malecón supera todos os trámites sectoriais e avanza cara á súa construción en Monforte
O Concello recibe a autorización da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e prevé licitar as obras antes de rematar o ano para impulsar a futura peonalización da Ponte Vella
O BNG levará ao Congreso a prohibición dunha concentración contra a nova fonte de Monforte
A formación reclama explicacións ao Ministerio do Interior pola negativa á mobilización e polo operativo policial previsto para un acto que cualifica de pacífico
A artesanía regresa a Monforte durante toda a semana cunha nova edición da mostra Artelemos
32 artesáns daranse cita na cidade desde este luns até o sábado nunha cita que volverá converter a rúa Cardeal no escaparate da artesanía da Ribeira Sacra
A Rede Museística de Lugo acollerá catro obradoiros gratuítos de literatura e creatividade financiados por Erasmus+
A iniciativa, impulsada por Terras Irmãs en colaboración con entidades galegas e portuguesas, percorrerá os museos de Friol, Monforte, Lugo e Cervo do 18 ao 21 de agosto
Monforte estrea a nova fonte monumental do Parque dos Condes e abre unha nova conexión peonil
A renovada zona incorpora unha fonte de 25 metros de diámetro con espectáculos de auga e luz, máis zonas verdes, novo mobiliario urbano e a apertura da Rúa Parque dos Condes
EspertaMonforte convoca unha concentración contra a nova fonte do Parque dos Condes
O colectivo chama á cidadanía a mobilizarse este venres para expresar o seu rexeitamento á actuación impulsada polo Concello
José Tomé confirma que optará á Alcaldía de Monforte en 2027
Tomé confirma que optará á Alcaldía de Monforte en 2027, aínda sen decidir baixo que siglas concorrerá
Monforte inaugurará o venres a nova fonte do Parque dos Condes e a urbanización da Zona D
O acto comezará ás 22:30 horas coa posta en marcha da fonte monumental e a actuación musical de Gin Toni's
O Club Quixós conquista a Copa Galega de Promoción Slalom en Monforte e Xoel Fernández logra un dobre triunfo
O equipo monfortino impúxose por clubs na competición celebrada no río Cabe, na que participaron 64 padexeiros de cinco municipios galegos
Monforte presenta o programa completo das Festas Patronais 2026 e do Verán Cultural
A programación desenvolverase do 11 ao 16 de agosto e que incluirá música, tradición, espectáculos familiares e propostas culturais ata setembro




