O Carud’e Rock leva dúas xornadas de rock á Praza de Compañía de Monforte co apoio da Deputación

RibeiraSacraXa
O festival celebra este venres e sábado os seus concertos coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
efren-castro-carude-rock
7 Aug 2026

O festival Carud’e Rock celebra esta fin de semana unha nova edición en Monforte de Lemos con dúas xornadas de música en directo na Praza de Compañía. A cita conta un ano máis coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A programación comezará este venres, 7 de agosto, coas actuacións de Gato Ventura, Dinosaurios e Extremo, mentres que o sábado 8 será a quenda de Mr Kamandula e Sr. Salvaje.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, achegouse este xoves ao barrio de Carude para mostrar o seu apoio á organización do festival e poñer en valor o traballo que desenvolve ao longo do ano para impulsar actividades de dinamización social e cultural.

O Carud’e Rock volverá así converter Monforte nun punto de encontro para os amantes do rock durante dúas xornadas nas que a música será a protagonista.

0.14138603210449