Novas de Nogueira de Ramuín
Nogueira de Ramuín acolle este mércores un concerto inspirado no Camiño de Santiago por San Martiño
A Praza de Luíntra será escenario dunha actuación musical que combina a tradición xacobea con elementos do imaxinario de Mägo de Oz, enmarcada nos actos do Magosto popular
Oficialízase a delegación de competencias en Raúl Soto Martínez en Nogueira de Ramuín
O Concello fai pública a resolución que transfire ao concelleiro a xestión de urbanismo, educación, servizos sociais, auga e lixo, participación cidadá e cultura, deporte e turismo
A Escola de Moura acolle a exposición fotográfica ‘MIMESIS’, de Néstor Davis
A mostra abriu as súas portas esta pasada fin de semana cunha notable asistencia de público e poderá visitarse os sábados e domingos, de 18.00 a 20.00 horas
O Trail Ribeira Sacra celebrou o seu décimo aniversario con máis de 500 participantes procedentes de oito países
Jesús Gil García e Carolina Niño gañaron a proba de 48 quilómetros, nunha edición que incorporou por primeira vez carreiras infantís e xuvenís e homenaxeou as tres persoas que completaron todas as convocatorias
O Trail Ribeira Sacra celebra o seu décimo aniversario con récord de participación feminina e dorsais esgotados
A proba reunirá o 11 de outubro en Luíntra máis de 500 participantes de oito países e incorpora este ano as carreiras infantís TRS Rapaces e TRS Cativos
A Deputación de Ourense organiza a sexta edición da Ribeira Sacra Cycling Road, con máis de 300 ciclistas
A proba, sen carácter competitivo, rexistra un aumento de inscritos do 25 % respecto ao ano anterior, con participantes procedentes de 18 provincias españolas
A voz dos alcaldes: Raúl Soto, futuro rexedor de Nogueira de Ramuin
Raúl Soto, concelleiro de Turismo, Cultura e Deportes dende hai 24 anos, tomará o relevo de Julio Carlos Temes á fronte do Concello
A Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura busca voces para crear unha nova Coral de Nadal
A iniciativa estará dirixida polo cantante Popy Domínguez e percorrerá en decembro diferentes pobos e aldeas do municipio
O Fest Clásico Ribeira Sacra celebra a súa oitava edición con músicos procedentes de cinco países
O festival arranca este domingo e levará a concertos do máis alto nivel artístico en diferentes espazos da Ribeira Sacra
Nogueira de Ramuín inaugura unha nova pista polideportiva grazas a unha achega de 50.000 euros da Deputación de Ourense
A instalación, situada en Luíntra, está preparada para acoller diferentes modalidades deportivas, como fútbol sala, baloncesto, balonmán ou voleibol
O Mosteiro de Santo Estevo será escenario da homenaxe de Amancio Prada aos versos de Rosalía de Castro
O cantautor conmemorará o 50 aniversario do disco Rosalía de Castro cun concerto que percorrerá cinco décadas de música, poesía e memoria
A Xunta destaca o modelo de desenvolvemento sostible da Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra
Ángeles Vázquez reivindica o quinto aniversario da declaración da Unesco e asegura que a experiencia reforza a candidatura da Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
O Fest Clásico Ribeira Sacra celebrará a súa oitava edición en Os Peares entre o 23 e o 30 de agosto
O encontro musical contará cun cartel integrado por intérpretes vinculados a institucións e formacións de referencia no ámbito internacional
O PP denuncia atrasos na redacción do proxecto dos carrís de adiantamento da N-120 entre Os Peares e Ourense
Os populares critican que o Ministerio continúe a afirmar que “están a redactar” o proxecto construtivo e reclaman a licitación das obras en 2026
A Xunta e o Goberno confían na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial tras un informe de Icomos
As dúas administracións consideran que o informe de avaliación contén elementos favorables e confían en seguir defendendo a proposta ata a decisión final da Unesco
A CHMS destina arredor de 112.000 euros á limpeza de residuos no encoro de Santo Estevo
A actuación céntrase na retirada de restos vexetais e lixo acumulado tras as choivas do inverno para mellorar o estado do encoro
Carmela López reivindica a proxección internacional da Ribeira Sacra na fase final da candidatura a Patrimonio Mundial
A presidenta da Deputación de Lugo participou no Mosteiro de Santo Estevo nun foro sobre o futuro do territorio no que se puxo en valor a identidade e o potencial da comarca
Eventos
OcioenGalicia
II San Silvestre de O Vicedo
OcioenGalicia
XXVI Jornadas Mindonienses de Arqueología 2026
Os Peares celebrará a súa II Festa Sen Fronteiras para reivindicar a unión veciñal
Será do 29 ao 31 de maio, con actuacións musicais na praia fluvial dos Peares, nun espazo situado na propia fronteira natural entre as provincias de Lugo e Ourense
A Deputación de Ourense recuperará en outubro a Mostra dos Viños da Ribeira Sacra
A celebración terá lugar a fin de semana do 24 de outubro, coincidindo co final da vendima, como homenaxe ao traballo de viticultores e adegueiros, e a comisión organizadora xa traballa no programa
A Feira de Primavera de Luíntra celebrarase este sábado
A organización informa de que, no caso de mal tempo, a feira quedará aprazada para o 17 de maio
A Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura organizará clases de Fit Dance durante o verán
Haberá sesións dous días á semana, tras o éxito da última clase organizada pola asociación
O Gran Camiño pasa este venres pola provincia de Ourense cunha etapa entre Xinzo e Xunqueira de Espadanedo
A Etapa Raíña percorrerá ao longo da xornada concellos como Allariz, Celanova, Barbadás, Ourense, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil
O Mosteiro de Santo Estevo acolleu este xoves a entrega dos Premios da Cultura Galega 2026
A Editorial Galaxia, Antón Corral, a asociación Sempre en Galicia, a Bienal de Arte de Pontevedra, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, Bodegas Martín Códax, Baños Films e a campaña Aquí tamén se fala foron os premiados este ano
A Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura organiza unha clase de baile este sábado
Será na Escola de Moura e combinará diversión e actividade física






