Novas de Chantada
Chantada achega o Camiño de Inverno ao seu ceo Starlight coa actividade ‘Ceo no Camiño’
A proposta celebrarase o 9 de outubro no Auditorio Municipal e combinará fotografía astronómica, realidade virtual e un planetario portátil
Chantada renova o miradoiro Sobre Cabo do Mundo con novas estruturas e varandas
A actuación realizouse no enclave de Nogueira de Miño, mentres o Concello prepara tamén a reforma integral do miradoiro de Líncora
Chantada reúne artesanía, comercio e música na feira Merca Sacra
A Deputación de Lugo achega case 17.000 euros á cita organizada pola Asociación de Empresarios, que se celebra na Praza de España
Chantada acolle unhas xornadas sobre construción tradicional, arquitectura e artesanía
O encontro ‘Oficio, arquitectura e territorio’ reúne profesionais da arquitectura e dos oficios tradicionais para analizar a relación entre patrimonio, materiais e paisaxe
O autobús do teatro sairá de Chantada o 3 de outubro para asistir á nova función do Centro Dramático Galego
As persoas participantes poderán viaxar a Santiago para ver a representación da obra ‘A gaivota. Ensaio aberto’ no Salón Teatro
Chantada reúne este sábado artesanía, comercio local e actividades para toda a familia no Merca Sacra
A xornada terá lugar na Praza de España e incluirá música en directo, obradoiros infantís, xogos tradicionais e un sorteo de dous vales de 500 euros
Por Chantada solicita a reparación da ponte do Seixo e a retirada dunha árbore caída na LU-P-1814
Rexistráronse por escrito dúas novas peticións sobre seguranza viaria en estradas provinciais do rural chantadino, mentres a ampliación da curva do Seixo segue pendente desde 2024
Chantada celebrará este sábado unhas primeiras olimpíadas dedicadas ao envellecemento saudable con máis de 200 participantes
O parque Eloísa Rivadulla será o escenario dunha xornada deportiva con probas físicas e cognitivas abertas a todas as idades, aínda que a maioría dos inscritos supera os 65 anos
Chantada abre a inscrición para as súas Escolas Deportivas Municipais, que comezan o 21 de setembro
O programa deportivo, dirixido a todas as idades, inclúe máis de vinte disciplinas e prolongarase ata o remate do curso escolar
Dous edificios municipais de Chantada melloran a súa eficiencia enerxética con sistemas de xeotermia
As actuacións, financiadas con fondos europeos, incorporan solo radiante e bombas de calor para cubrir a demanda de ambos os inmobles, un dos cales acollerá proximamente o Centro de Atención Temperá
Chantada conecta artesanía, arquitectura e territorio nunhas xornadas sobre os oficios tradicionais
A iniciativa reunirá en San Cristovo de Mouricios profesionais da arquitectura e da artesanía e completarase cun curso de pinturas naturais os días 28 e 29
Chantada remata con ampla participación a súa programación de astroturismo baixo o selo Starlight
Seis actividades gratuítas, entre elas un obradoiro para o sector turístico, xornadas de observación nocturna e un curso de astrofotografía, confirman o interese polo ceo nocturno deste municipio recoñecido como destino Starlight
A Escola Oficial de Idiomas mantén aberto o prazo de matrícula para o novo curso en Chantada
As persoas interesadas tanto na modalidade oficial coma en formato monográfico de destrezas orais contan con varios días máis para formalizar a súa inscrición de cara ao curso 2026-27
Chantada volve ser o punto de partida da Ruta Galifornia rumbo a León
Medio cento de motos parten de Chantada rumbo a León, atravesando a Ribeira Sacra, os Ancares e o norte de Asturias, nunha iniciativa que combina turismo, patrimonio e gastronomía
Por Chantada - Interior Galego Vivo presenta alegacións contra un novo parque eólico por non avaliar o seu impacto acumulado na comarca
O expediente, que inclúe seis aeroxeradores e unha nova subestación, súmase a unha intensa concentración de infraestruturas enerxéticas na zona, o que esixe valorar os seus efectos conxuntos sobre poboación, agricultura, paisaxe, augas e biodiversidade
A Casa da Música de Chantada abre a matrícula do curso 2026-2027 cunha nova especialidade de DJ e sonorización de eventos
A entidade musical do concello pon en marcha o proceso de inscrición para o vindeiro curso, cun número limitado de prazas e distintas vías para formalizar a matrícula
A Ribeira Sacra contará co primeiro plan de ordenación de recursos forestais de Galicia
Arrinca a tramitación dun instrumento de planificación forestal pioneiro para a comarca, pensado para adaptarse á súa viticultura tradicional, á súa paisaxe e ao seu valor ambiental de cara ao período 2026-2030
Eventos
O Concello de Chantada recibe resposta da distribuidora eléctrica polos cortes de luz de xuño
A empresa atribúe os cortes a tormentas e avarías alleas á rede e defende o cumprimento dos estándares de calidade esixidos
A CHMS remata as obras de mellora do pantalán de Pincelo
A infraestrutura, que será cedida ao Concello de Chantada, é o primeiro dos catro pantalanes públicos de tamaño medio que o organismo de conca prevé poñer en funcionamento no encoro dos Peares
O Concello Chantada fai balance dunhas Festas Patronais marcadas pola elevada participación
Manuel Lorenzo Varela destaca a afluencia de público durante os seis días de celebración e a recuperación das actividades que tiveron que modificarse pola previsión de chuvia
O PP leva ao Senado a falta de sinalización horizontal na N-540 entre Chantada e A Barrela
Barreiro, Balseiro e Serrano esixen ao Ministerio de Transportes que explique por que cinco meses despois do reasfaltado aínda quedan sen pintar varios tramos dos sete quilómetros da vía
O Folión de Carros volve encher Chantada de tradición con 13 carros e milleiros de espectadores
A celebración, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e Ben de Interese Cultural, estivo acompañada polo pregón do escritor Xosé Miranda Ruíz
Detectan un caso de lingua azul do serotipo 3 nunha explotación bovina en Chantada
É o primeiro caso deste serotipo confirmado na provincia de Lugo en 2026 e o cuarto notificado este ano en Galicia
O paseo fluvial do río Asma en Chantada reabrirá ao público o venres tras as obras de emerxencia
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil rematou as obras declaradas de emerxencia polo Consello de Ministros para reparar os desperfectos causados polas borrascas do pasado inverno, cun investimento de 463.000 euros









