Chantada promove unha charla sobre o acoso escolar dirixida a alumnado de Primaria

O Concello de Chantada organizará este mércores 5 de maio unha actividade formativa centrada na prevención do acoso escolar, enmarcada nas accións de sensibilización arredor desta problemática.
A charla desenvolverase no Auditorio Municipal en horario de mañá e estará dirixida ao alumnado de entre 8 e 11 anos dos colexios Eloísa Rivadulla e Xoán de Requeixo, aínda que tamén estará aberta á participación de nais e pais interesados.
A iniciativa forma parte do Plan Director de Convivencia Escolar e será impartida por Héctor Méndez, gardia civil e psicólogo especializado en formación educativa. A actividade conta coa colaboración do Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello, que dispón de persoal técnico en psicoloxía e educación social.
O obxectivo desta proposta é sensibilizar sobre o acoso escolar e achegar ferramentas para a súa prevención, promovendo contornos educativos máis seguros e respectuosos.