Novas de Taboada
Taboada mellora varios tramos da rede viaria municipal cos equipos de regos asfálticos
A primeira actuación executouse no acceso a Penas Agudas, en Xián, e os traballos continuaron posteriormente en varios puntos da parroquia de Arxiz
Taboada inicia a instalación dunha cuberta na pista de pádel da Medela
A actuación permitirá utilizar a instalación deportiva durante todo o ano e conta con financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
A carreira Entre Pazos e Carballos reunirá este sábado en Taboada a preto de 300 participantes
A proba, organizada pola Asociación Cultural O Carballo, celebrará a súa décimo terceira edición con carreiras de 10 e 5 quilómetros e categorías escolares
Taboada reclama á Xunta que manteña os servizos sanitarios tras as próximas xubilacións médicas
A moción foi aprobada por unanimidade no Pleno municipal, co apoio dos grupos do BNG, PP e PSOE
As obras do Paseo da Medela, en Taboada, avanzan a bo ritmo e poderían rematar nun par de meses
A actuación, financiada mediante un convenio de colaboración por importe de 169.213,45 euros, foi supervisada sobre o terreo nunha visita recente
O Ciclo Mestre Mateo de cinema retoma a súa actividade en Taboada coa proxección de 'San Simón'
A sesión, prevista para este venres no Cuartel Vello, propón unha achega á historia do campo de concentración instalado nunha illa da ría de Vigo tras a Guerra Civil
Taboada revive o vindeiro luns a súa tradicional Queima das Fachas
O castro de Castelo acollerá o 7 de setembro unha das tres festas do lume que aínda se conservan en Galiza, unha celebración de raíces seculares mantida viva pola asociación veciñal da parroquia
Taboada contará de novo co servizo VIDOC para renovar ou expedir o DNI e o pasaporte
O servizo regresará ao municipio o luns 14 de setembro para facilitar estes trámites á veciñanza sen necesidade de desprazamentos
Taboada incorpora novo equipamento deportivo no local da asociación de xubilados
O Concello adquiriu unha cinta de correr, unha bicicleta elíptica e un ergómetro para uso das persoas maiores do municipio
Taboada estrea mobiliario e nova sinalización para facilitar as visitas no Penedo do Cuco
A paraxe situada á beira do Miño incorpora dúas mesas con asentos, unha tumbona e indicacións nos cruces desde Friamonde
Taboada mellora os equipamentos públicos de Xián coa recuperación da Fonte do Rubado
O Concello e a Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Xián colaboraron na actuación, que incluíu tamén a pavimentación da contorna e a instalación de bancos
Taboada celebra as Festas dos Milagres con música, teatro, cinema e actividades para todos os públicos
As celebracións desenvolveranse até o luns 10 de agosto e terán como xornada central o sábado
Taboada organizará unha xornada divulgativa para seguir a eclipse solar do 12 de agosto desde o Castro de Castelo
O programa incluirá unha charla sobre astronomía e protección ocular, ademais da observación do fenómeno con lentes homologadas facilitadas polo Concello
Extinguido o incendio de Taboada mentres seguen controlados os de Monfero-Guitiriz e Ourol
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal
Controlados os incendios de Monfero, Guitiriz e Taboada e estabilizado o de Ourol
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal
Estabilizados os incendios na parroquia taboadense de Insua e na de Cameixa en Boborás
O primeiro lume iniciouse onte ás 16,44 horas e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor das 20 hectáreas
A Carreira Popular "Entre pazos e carballos" regresará a Taboada o 26 de setembro
A cita terá probas de 10 e 5 quilómetros, carreiras escolares e degustación gratuíta de produtos locais para os participantes
Eventos
As instalacións deportivas do CPI San Tomé do Carballo serán de uso público durante o verán
Un acordo entre o centro educativo e o Concello permitirá utilizar as pistas de baloncesto, voleibol e fútbol sala durante xullo e agosto
Adxudicadas as obras de mellora da estrada LU-P-6001 en Taboada
A actuación permitirá acondicionar o tramo urbano e os puntos máis deteriorados dunha vía considerada clave para a mobilidade local
Taboada incorpora novo equipamento ao parque de maquinaria municipal para mellorar os traballos forestais e de mantemento
A adquisición realizouse a través dun convenio coa Deputación de Lugo e inclúe unha cizalla forestal e un xogo de rampas de carga.
A Deputación de Lugo impulsa a transformación de Taboada cun investimento de máis dun millón de euros
A presidenta provincial supervisou este martes as actuacións en mobilidade, patrimonio e servizos municipais en distintos puntos do concello
Taboada recibe o verán con festa e fogueira no Campo da Feira
A programación da Festa de San Xoán desta noite inclúe cea popular, lectura do conxuro da queimada e música coa Charanga Como Queira Band.
Presentada a XX edición do Certame de Investigación Condado de Pallares con premio de 4.000 euros
O prazo para presentar traballos sobre patrimonio, historia ou cultura dos municipios participantes permanecerá aberto ata o 30 de setembro
Activada a alerta laranxa por fortes chuvias na montaña de Lugo e Ourense e no sur lucense
Segundo os datos da AEMET, durante a xornada deste mércores espéranse acumulacións de ata 30 litrosor metro cadrado nun período dunha hora nas áreas afectadas









