Taboada completa varias obras de mellora en Esperante, Cerdeda e Mato

RibeiraSacraXa
As actuacións realizáronse en Vila, nas Tabernas e en Quinzán do Carballo mediante un convenio coa Deputación de Lugo
obras-lugar-da-vila-esperante
13 Oct 2026

O Concello de Taboada vén de completar varias actuacións de mellora en infraestruturas municipais nas parroquias de Esperante, Cerdeda e Mato, grazas a un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo.

Os traballos incluíron o acondicionamento do núcleo de Vila, en Esperante; a mellora dun acceso no lugar das Tabernas, en Cerdeda; e o arranxo doutro acceso en Quinzán do Carballo, na parroquia de Mato.

O alcalde de Taboada, Roi Rigueira, visitou o remate das obras acompañado polos concelleiros Roberto e María José. Durante a visita, destacou que “estas obras xa son unha realidade e veñen a dar resposta ás peticións da veciñanza destes lugares”.

As intervencións buscan atender as necesidades trasladadas pola veciñanza e mellorar as infraestruturas municipais nestes puntos do rural taboadés.

0.15275692939758