Infraestructuras
Taboada mellora varios tramos da rede viaria municipal cos equipos de regos asfálticos
A primeira actuación executouse no acceso a Penas Agudas, en Xián, e os traballos continuaron posteriormente en varios puntos da parroquia de Arxiz
GaliciaXa
Vivendas baleiras e alugueiros á alza: as dúas caras da crise habitacional
Os prezos, a falta de oferta, o turismo, as dificultades para mercar e as vivendas baleiras debuxan realidades diferentes pero conectadas
Quiroga inicia os traballos de acondicionamento do Castelo dos Novais
A actuación, financiada cunha axuda de 30.000 euros de Turismo de Galicia, inclúe a mellora dos accesos, a reparación dun muro e a renovación da iluminación
Seis concellos de Ourense reciben fondos para mellorar as súas infraestructuras deportivas
A provincia contará con seis actuacións estratéxicas, a maioría orientadas á mellora de instalacións deportivas municipais
A Pobra de Trives completa a mellora da estrada que une Vilanova e Escuadro
A actuación, cun investimento próximo aos 71.000 euros, foi financiada coa colaboración da Xunta e do Concello a través do Plan Camiña
Por Chantada solicita a reparación da ponte do Seixo e a retirada dunha árbore caída na LU-P-1814
Rexistráronse por escrito dúas novas peticións sobre seguranza viaria en estradas provinciais do rural chantadino, mentres a ampliación da curva do Seixo segue pendente desde 2024
Esperta Monforte reclama revisar os accesos á Romaría de San Mateo polo deterioro das vías
O Concello de Monforte celebrou esta semana unha mesa de seguridade para coordinar o dispositivo da romaría
O Parlamento galego respalda unha iniciativa do PPdeG de Monforte para esixir ao Goberno central os 10 millóns prometidos para o abastecemento de auga
A Cámara autonómica dá luz verde a unha proposta que reclama a execución dunha inversión anunciada hai case dous anos para renovar a rede de abastecemento no municipio lucense
Ábrese un prazo de alegacións pola solicitude dun pozo para abastecer un apartahotel en Ribas de Sil
O expediente permanecerá aberto un mes para que quen se considere afectado poida presentar alegacións perante o organismo competente
O Pereiro de Aguiar terá o seu primeiro instituto de secundaria, con máis de 5.500 metros cadrados e capacidade para 370 alumnos
O proxecto, que sae mañá a licitación cun investimento superior aos 11 millóns de euros, contempla oito aulas de ESO e catro de Bacharelato, ademais de espazos especializados e zonas exteriores adaptadas ao terreo
O colexio Ben-Cho-Shey amplía as súas instalacións cun investimento de máis de 2 millóns de euros
O centro incorpora novas aulas e espazos para atender ao preto de 300 alumnos e alumnas matriculados, mentres avanza o proxecto do futuro instituto do municipio
O PP de Monforte reclamará no pleno a recuperación de frecuencias ferroviarias suprimidas
O grupo municipal popular presentará unha moción para esixir ao Ministerio de Transportes e a Adif a restitución de servizos ferroviarios perdidos e unha mellora na fiabilidade das conexións da estación
Comeza o proceso de selección de persoal para ampliar os seis parques de bombeiros da provincia de Lugo
Un total de 233 persoas competirán polas 37 prazas que se ofrecen, das que 11 son vacantes e 26 son de nova creación
Obras no centro emisor de Frontón afectarán á sinal de TDT en varias zonas de Sober desde o 11 de setembro
Varias parroquias e núcleos do concello poderían perder temporalmente a sinal dalgunhas canles e precisarán resintonizar o televisor
Esperta Monforte pide estudar alternativas para reducir as expropiacións no proxecto da senda dos regatos
A preocupación veciñal polas expropiacións reactiva o debate sobre o proxecto de recuperación dos regatos en Monforte de Lemos, que xa xerou dúbidas no pleno municipal
Comezan en Ribas de Sil as obras para mellorar o acceso á captación de auga de Torbeo
A actuación permitirá chegar en vehículo ata as inmediacións da captación e reforzará a súa protección con novas arquetas e un peche perimetral
Monforte aproba inicialmente o proxecto da nova ponte de ferro do Malecón e sométeo a exposición pública
A actuación, cun orzamento superior aos 5,1 millóns de euros, conta xa con todos os informes e autorizacións sectoriais necesarios e creará unha nova conexión viaria xunto ao paseo fluvial
Eventos
A Deputación mellora a estrada entre Chantada e Carballedo por Santa Uxía e Cartelos
Os traballos na LU-P-1807 comezaron coa limpeza das cunetas e continuarán coa mellora da drenaxe e o acondicionamento do firme ata o punto quilométrico 9,4
A CHMS remata as obras de mellora do pantalán de Pincelo
A infraestrutura, que será cedida ao Concello de Chantada, é o primeiro dos catro pantalanes públicos de tamaño medio que o organismo de conca prevé poñer en funcionamento no encoro dos Peares
O PSdeG da Peroxa reclama melloras no aparcamento do Campo Municipal do Marco para garantir a seguridade dos deportistas
Os socialistas aseguran que o espazo continúa sen recibir as actuacións previstas e alertan do estado do paso de peóns utilizado por nenos e nenas
Taboada mellora a mobilidade na aldea de Carballós tras máis de 40 anos sen renovar as súas rúas
O Concello executou obras de mellora do firme no núcleo de Xián e tamén acondicionou con formigón unha entrada en Xestoso, na parroquia de San Martiño de Mato
GaliciaXa
26 concellos galegos reciben as achegas para investimentos estratéxicos
Resultaron beneficiarias dez propostas presentadas na provincia da Coruña con 3,7M€, seis de Ourense con máis de 1,7M€, cinco de Pontevedra con 2,2M€ e outros cinco en Lugo, tamén con 2,2M€
Nogueira de Ramuín inaugura unha nova pista polideportiva grazas a unha achega de 50.000 euros da Deputación de Ourense
A instalación, situada en Luíntra, está preparada para acoller diferentes modalidades deportivas, como fútbol sala, baloncesto, balonmán ou voleibol
RibeiraSacraXa
Monforte adxudica por 127.606 euros a renovación do firme das rúas 1 e 2 do Polígono do Reboredo
A actuación abrangue 7.492 metros cadrados e terá un prazo de execución dun mes desde a sinatura da acta de replanteo










