Ribas de Sil recupera a Fonte da Ventosa en Torbeo a través do obradoiro Sillor XII

RibeiraSacraXa
Os participantes do programa de emprego completaron os traballos de recuperación deste elemento do patrimonio etnográfico da localidade
fonte-da-ventosa-ribas-de-sil
9 Oct 2026

O Concello de Ribas de Sil deu por rematados os traballos de recuperación da Fonte da Ventosa, situada na parroquia de Torbeo, realizados polo alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Sillor XII.

A actuación permitiu mellorar o estado deste espazo e contribuír á recuperación dun elemento vinculado ao patrimonio etnográfico do municipio e á vida cotiá das súas aldeas.

Desde o Concello de Ribas de Sil agradeceron o traballo desenvolvido tanto polo alumnado-traballador como polo equipo responsable do Obradoiro de Emprego SILLOR XII durante a intervención.

0.1591489315033