Novas de San Xoan de río
A Deputación de Ourense destina preto de 747.000 euros a vinte concellos para recuperar vivenda de alugueiro
A segunda convocatoria do Plan Provincial de Vivenda eleva a 1,25 millóns o mobilizado nas súas dúas primeiras edicións, mentres se aproban outras axudas por máis de 1,12 millóns de euros
San Xoán de Río e Larouco organizan unha viaxe a Sevilla para a veciñanza
A excursión desenvolverase do 20 ao 23 de novembro e permitirá coñecer Mérida e Salamanca
A Deputación de Ourense aproba preto de 1,4 millóns de euros en 35 subvencións para concellos e entidades da provincia
As axudas, repartidas en dous grandes bloques, destínanse a mellorar infraestruturas, servizos e espazos públicos municipais, así como a reforzar a colaboración con entidades do ámbito deportivo e social da provincia
San Xoán de Río recibe candidaturas de emprendedores e directivos de 16 países para o seu proxecto de dinamización rural
O que naceu como unha iniciativa para atraer mozos emprendedores converteuse nun imán para empresarios e profesionais consolidados de todo o mundo que buscan desenvolver o seu vindeiro proxecto dende o rural
O proxecto Re-Habita Rural Lab tramita xa máis de 300 solicitudes para impulsar a rehabilitación de vivendas no rural ourensán
O programa, no que participan nove concellos de Ourense, atendeu presencialmente o 80 % das consultas e ofrece asesoramento sobre as axudas dispoñibles
Ourense afronta un martes de calor extrema: alerta vermella na montaña e aviso amarelo en Valdeorras
A Xunta activa mañá o nivel máximo de alerta por altas temperaturas na montaña ourensá, que inclúe boa parte da Ribeira Sacra, mentres Valdeorras queda en aviso amarelo
San Xoán de Río renovará a Praza Pedro Fernández grazas a un investimento de máis de 172.000 euros
A Xunta asumirá o 70% do custo da actuación a través do Plan Hurbe, mentres que o Concello financiará a parte restante e encargarase da conservación do espazo
Activada a alerta laranxa por fortes chuvias na montaña de Lugo e Ourense e no sur lucense
Segundo os datos da AEMET, durante a xornada deste mércores espéranse acumulacións de ata 30 litrosor metro cadrado nun período dunha hora nas áreas afectadas
A Deputación de Ourense recuperará en outubro a Mostra dos Viños da Ribeira Sacra
A celebración terá lugar a fin de semana do 24 de outubro, coincidindo co final da vendima, como homenaxe ao traballo de viticultores e adegueiros, e a comisión organizadora xa traballa no programa








