San Xoán de Río reúne a unhas 600 persoas na Festa do Emigrante, que homenaxeou a José Luis Vázquez Sotelo

A Festa do Emigrante de San Xoán de Río reuniu arredor de 600 persoas nunha xornada na que, ademais da celebración, se rendeu homenaxe a José Luis Vázquez Sotelo, unha das figuras máis destacadas nacidas neste concello ourensán.
O acto contou coa presenza dos tres fillos e dos oito netos de Vázquez Sotelo, que participaron nesta homenaxe dedicada á súa figura e ao vínculo que mantivo co municipio.
O alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua, destacou o significado da xornada e lamentou que o homenaxeado non puidese asistir persoalmente. “Aínda que non puido acompañarnos persoalmente, sentímolo moi presente en cada palabra, en cada lembranza e en cada aplauso”, sinalou.