San Xoán de Río e Larouco organizan unha viaxe a Sevilla para a veciñanza

Os concellos de San Xoán de Río e Larouco organizarán unha excursión con destino a Sevilla entre os días 20 e 23 de novembro, nunha viaxe que combinará a visita á cidade andaluza con paradas en Mérida e Salamanca.
A proposta permitirá ás persoas participantes coñecer Sevilla e, ao mesmo tempo, achegarse a dous destinos destacados pola súa importancia histórica e patrimonial.
Os organizadores presentan a viaxe como unha oportunidade para descubrir novos lugares, compartir tempo entre veciños e veciñas e vivir unha experiencia conxunta.