San Xoán de Río acollerá a presentación do libro 'Queda moito por sachar' de Xosé Manuel del Caño

O Concello de San Xoán de Río acollerá o vindeiro mércores 19 de agosto, ás 18.00 horas, a presentación do libro 'Queda moito por sachar', obra de Xosé Manuel del Caño. O acto celebrarase no salón de plenos do Concello.
A presentación contará coa participación do propio autor, Xosé Manuel del Caño, e do alcalde Xosé Miguel Pérez Blecua.
O título completo da obra é 'Queda moito por sachar. A literatura galega nunha caixa de zapatos', e súmase a outros traballos publicados por del Caño coa mesma editorial, como 'Ósos de santo' e 'Un tiro para Méndez Ferrín e outras historias'.
A cita está aberta a todas as persoas interesadas en achegarse á proposta literaria deste autor galego.