Cultura
ADEGA leva a Monforte cinco décadas de ecoloxismo galego a través da exposición ‘50 anos coidando a Terra’
A mostra está instalada fronte ás Casiñas da Compañía e poderá visitarse ata o 13 de outubro
O Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada sobre os solos da serra
A actividade celebrarase o 10 de outubro na Estación Científica do Courel e incluirá unha charla de Augusto Pérez Alberti e unha saída de campo
Sober repartirá 50 composteiros de balde entre vivendas unifamiliares
A campaña de compostaxe doméstica está dirixida a casas con parcela ou horta de polo menos 25 metros cadrados
O brindo achegará a improvisación oral en galego ao alumnado do Xeoparque Montañas do Courel
Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel organizarán obradoiros nos seus colexios e unha actuación aberta ao público o 4 de outubro
O autobús do teatro do CDG pasará por Sober para levar á veciñanza a Santiago a ver a función 'A Gaivota'
O prazo para reservar posto no desprazamento do 3 de outubro remata este mércores, 30 de setembro
María Saco presenta en Chantada a súa primeira obra, 'La Real Academia de mis pensamientos'
O Círculo Recreativo Cultural de Chantada será o escenario, este sábado 26 de setembro, dun acto literario con acompañamento musical
Bóveda abre o seu ciclo de teatro de outono cunha función familiar en horario escolar
A compañía Alentía Teatro levará á escena 'Tesouros da man aberta', unha proposta para todos os públicos que se representará mañá pola mañá no Centro Sociocultural
O Pereiro de Aguiar abre as portas da súa aula de teatro cunha xornada informativa
O Auditorio Os Gozos acollerá o vindeiro xoves un encontro para dar a coñecer esta actividade municipal a todas as persoas interesadas
A Escola de Música Samoeiro, na Pobra do Brollón, abre a matrícula para o curso 2026-2027 con xornadas de portas abertas
O prazo para inscribirse estará aberto ata o 29 de setembro, e incluirá por primeira vez dúas sesións gratuítas para coñecer a clase de iniciación á música tradicional
Esgos pon en marcha unha nova edición da súa escola de gaita, pandeireta e percusión
O curso arrincará cunha reunión informativa o próximo sábado na Praza da Souteira, punto de partida das clases que se impartirán as fins de semana ao longo de todo o curso
Quedan horas para sumarse á Escola de Música de Taboada este curso
O prazo de inscrición péchase este 16 de setembro e as prazas de horario asígnanse por orde de chegada
Unha placa na Casa da Memoria de Bóveda lembra a Manuel Díaz González, "o pequeniño do Incio"
A asociación Memoria é Naufraga e a Vicepresidencia da Deputación homenaxean así ao "Médico dos Pobres" na casa que foi o seu derradeiro refuxio
Esgos ultima os preparativos para a gran cita do entroido ourensán deste domingo
Cinco comparsas tradicionais, procedentes de distintos puntos da provincia, daranse cita este fin de semana na Praza da Souteira xunto aos anfitrións, os Felos e Madamas
O festival As Cores do Outono trae dúas xornadas de música folk á Pobra do Brollón
O concello lucense celebra esta fin de semana unha nova edición do seu festival de música tradicional, con actuacións na Casa da Cultura e na área recreativa de Samugueiros, todas de acceso libre
Rebuldeira Teatro de Sarria leva o seu teatro por Galicia este outono con dúas obras
A compañía percorrerá sete localidades entre setembro e novembro con ‘Vermello’ e ‘A desconfianza’, que se estreará en Sarria o 20 de setembro
Dr. Slump levará este sábado as súas versións dos 80, 90 e 2000 ao Pereiro de Aguiar
A Praza do Concello será escenario este sábado dunha velada musical con temas coñecidos de varias décadas, pensada para o goce de todos os públicos
A Escola de Música do Xeoparque Montañas do Courel abre as inscricións para o novo curso
A programación inclúe guitarra, piano, batería, canto, baixo e teoría musical, coa posibilidade de presentarse aos exames oficiais RSL
Eventos
Chantada remata con ampla participación a súa programación de astroturismo baixo o selo Starlight
Seis actividades gratuítas, entre elas un obradoiro para o sector turístico, xornadas de observación nocturna e un curso de astrofotografía, confirman o interese polo ceo nocturno deste municipio recoñecido como destino Starlight
Monforte recupera a pegada xudía da cidade cunha ruta guiada polo seu casco histórico
Dúas visitas gratuítas permiten descubrir os espazos vinculados á presenza hebrea con percorridos dirixidos polo investigador Felipe Aira
A Pobra do Brollón pecha o Ciclo Mestre Mateo cun documental sobre o silencio familiar
O local social de Eixón acolle o vindeiro domingo a sesión final do ciclo de cine, cunha obra que afonda nos silencios herdados dentro dunha familia
Os museos provinciais visibilizan as mulleres da arte cunha exposición de Concha Mayordomo
A mostra poderá verse na Sala de Exposicións e nos museos da Rede Provincial ata o 30 de outubro
Monforte organiza dúas visitas guiadas e gratuítas ao barrio xudeu o vindeiro domingo
A localidade súmase á Xornada Europea da Cultura Xudía con dous percorridos comentados pola antiga zona de ámbito hebreo, dentro da programación do Verán Cultural
O cinema portugués achegouse á Ribeira Sacra nunha primeira cita chea de proxeccións, música e encontros
A iniciativa combinou curtas e longametraxes con concertos, coloquios e a presenza de varios cineastas en distintos puntos da comarca, e terá continuidade co outono e a primavera
Esgos reunirá o 13 de setembro a cinco comparsas tradicionais do entroido ourensán
Cinco agrupacións de máscaras e personaxes tradicionais do entroido daranse cita na Praza da Souteira para compartir os seus desfiles e costumes








