O Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada sobre os solos da serra

RibeiraSacraXa
A actividade celebrarase o 10 de outubro na Estación Científica do Courel e incluirá unha charla de Augusto Pérez Alberti e unha saída de campo
vistas-devesa-da-rogueira-courel
29 Sep 2026

O Xeoparque Montañas do Courel celebrará o vindeiro 10 de outubro unha nova xornada do programa ‘Outono Xeolóxico 2026’, dedicada nesta ocasión ao estudo dos solos das Montañas do Courel.

A actividade desenvolverase na Estación Científica do Courel entre as 10.30 e as 19.00 horas. A programación comezará cunha charla sobre ‘Os solos das Montañas do Courel’, que será impartida por Augusto Pérez Alberti entre as 10.30 e as 12.30 horas.

Pola tarde, de 15.30 a 18.30 horas, terá lugar unha saída de campo para coñecer sobre o terreo os contidos abordados durante a xornada.

As prazas para participar son limitadas e é necesario inscribirse previamente a través do código QR habilitado pola organización. Para obter máis información, as persoas interesadas poden contactar co Xeoparque no teléfono 982 435 125 ou no enderezo de correo electrónico xeoparquemontanasdocourel@gmail.com.

0.18762898445129