Sober suma un concerto de folk á programación do seu Outono Cultural

RibeiraSacraXa
O ciclo cultural desenvolverase entre outubro e decembro con propostas musicais, narración oral e teatro afeccionado no Centro Sociocultural do municipio
outono-follas-recurso
29 Oct 2026

O Concello de Sober ampliou a programación do seu Outono Cultural 2026 cunha nova cita musical. O sábado 7 de novembro, ás 19.00 horas, o Centro Sociocultural do municipio acollerá o concerto do grupo ‘Catro Nun Zoco’, integrado polos músicos de O Trícole. A actuación está organizada por O Trícole e conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Este concerto súmase a un calendario de actividades que arrinca a finais de outubro e que se prolongará ata mediados de decembro, combinando música, artes escénicas e narración oral.

A programación comeza este venres 30 de outubro coa celebración da Festa de Samaín e o Magosto, que terá lugar na Praza do Concello.

Xa en novembro, ademais do concerto de ‘Catro Nun Zoco’, está prevista para o domingo 8, ás 19.00 horas, unha nova actuación musical a cargo de Laia Terré e Lorenzo Rupil, con violonchelo e clave, organizada por Xuventudes Musicais de Sober.

O martes 10 de novembro, ás 18.00 horas, chegará a narración oral ‘Instrucións para tomar un café’, a cargo da compañía Ítaca Teatro, dentro dos circuítos teatrais de carácter afeccionado e profesional impulsados pola Deputación de Lugo.

A actividade musical do mes pecharase o sábado 14 de novembro, ás 20.00 horas, co concerto do grupo Peitoescuro, iniciativa que tamén conta co respaldo da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Xa en decembro, o venres 11, ás 19.00 horas, o ciclo incluirá unha proposta teatral: a obra ‘O enredo’, posta en escena pola compañía Faranduleiros de Bolmente, tamén enmarcada nos circuítos teatrais da Deputación lucense.

0.1573588848114