Taboada proxecta este domingo o documental 'Ao son da nova regueifa' dentro do Ciclo Mestre Mateo

O Cuartel Vello de Taboada acolle este domingo, 18 de outubro, ás 19.30 horas, a última sesión do Ciclo Mestre Mateo, dentro do Circuíto de Cinema Galego. A cita poñerá o remate a esta iniciativa coa proxección do documental 'Ao son da nova regueifa' (2025), dirixido por Manolo Maseda e Saúl Rivas.
A película achégase ao universo da regueifa, unha manifestación oral e musical tradicional galega baseada na improvisación de versos, explorando a súa evolución e vixencia na actualidade a través das voces de quen manteñen viva esta práctica.
Tras a proxección, o público poderá participar nun obradoiro de brindos, impartido por Sara Marchena e Antonio Reboiro.
A actividade está organizada polo Concello de Taboada, a través da súa Área de Cultura, Deporte e Medio Rural, e conta coa colaboración da Deputación de Lugo, dende a súa Vicepresidencia de Cultura.