O teatro do Outono Cultural de Pantón arranca no centro sociocultural

RibeiraSacraXa
A do domingo foi a primeira de catro citas programadas ata mediados de novembro
Outono Cultural Pantón (2)
Foto: Concello de Pantón
27 Oct 2026

O salón de actos do centro sociocultural de Pantón foi escenario o pasado domingo, 25 de outubro, do inicio do ciclo teatral do Outono Cultural. A función arrincou ás 18.00 horas coa actuación da compañía Lilá Teatro, que levou a escena a súa montaxe ‘Entrenomias da Silva’.

Esta primeira cita puxo en marcha un calendario que se prolongará durante varios domingos consecutivos, todos eles coa mesma hora de inicio. O ciclo continuará o 1 de novembro co grupo Viraventos Teatro, que presentará a obra ‘Hotel Esperanza’.

A programación proseguirá o 8 de novembro con Sr. López Producións, encargada de representar ‘A vida é soño (ou case)’, e pecharase o 15 de novembro coa actuación de Parápano Teatro, que porá fin ao ciclo co seu espectáculo ‘A sala de xogos’.

0.14447712898254