A Pobra de Trives será escenario da presentación do libro ‘Destino nuclear’, de Nuria Maravillas

RibeiraSacraXa
O Auditorio Julio Vázquez albergará un acto literario arredor da nova obra dunha escritora natural do Concello, previsto para o vindeiro venres
presentación libro A Pobra de Trives
29 Oct 2026

O Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives será o escenario, o vindeiro 30 de outubro, ás 20.30 horas, da presentación do libro ‘Destino nuclear’, obra da escritora trivesa Nuria Maravillas.

O acto servirá de punto de encontro entre a autora e o público, ofrecendo a posibilidade de coñecer máis de preto o contido da obra e de compartir con ela este momento, descrito como especialmente significativo dentro da súa traxectoria literaria.

Dende a organización do evento fíxose un chamamento a toda a veciñanza do concello para que se achegue ao auditorio e apoie coa súa presenza o traballo dunha autora vinculada á localidade, poñendo así en valor o talento literario xurdido da propia terra.

0.13270497322083