A obra 'A Rateira' chega a Carballedo o 31 de outubro

RibeiraSacraXa
O Salón de Actos do Concello recibirá unha representación de misterio e intriga, encadrada no circuíto provincial de teatro afeccionado
A Rateira Carballedo
26 Oct 2026

O concello de Carballedo vivirá, o vindeiro 31 de outubro, unha nova cita coas artes escénicas. O Salón de Actos local recibirá, a partir das 18.00 horas, a representación da obra 'A Rateira', a cargo do grupo Argalleiras Teatro.

Trátase dunha peza que combina misterio, segredos e intriga, na que, segundo se sinalou, ningún dos personaxes resulta ser quen aparenta. A proposta busca mergullar ao público nunha trama chea de xiros e suspense.

Esta función forma parte do Circuíto de Teatro Afeccionado, unha iniciativa impulsada dende a Área de Cultura da Deputación de Lugo.

0.16489791870117