Folgoso do Courel inaugura este sábado unha exposición fotográfica dedicada ás mulleres

RibeiraSacraXa
A mostra ‘Mulheres’, de Mercedes Vázquez Saavedra, abrirá este sábado 10 de outubro e contará coa participación das ‘Comadres das Letras’
mostra-mulheres-folgoso
9 Oct 2026

Folgoso do Courel acollerá este sábado, 10 de outubro, a inauguración da exposición fotográfica ‘Mulheres’, da artista Mercedes Vázquez Saavedra. O acto comezará ás 18.00 horas na Cova das Mouras.

A presentación da mostra correrá a cargo de Carmen Pintora Courel, nunha xornada que contará tamén coa participación das ‘Comadres das Letras’. Este colectivo presentará o seu proxecto e ofrecerá un recital durante o acto.

A inauguración completarase cun brinde con mencía e unha pinchada para as persoas asistentes.

0.1657121181488