O autobús do teatro do CDG pasará por Sober para levar á veciñanza a Santiago a ver a función 'A Gaivota'

RibeiraSacraXa
O prazo para reservar posto no desprazamento do 3 de outubro remata este mércores, 30 de setembro
'A Gaivota' ensaio aberto
28 Sep 2026

O autobús do teatro regresará proximamente a  Sober para levar á veciñanza a Santiago a ver a función 'A Gaivota'. A iniciativa, enmarcada no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, permitirá aos veciños de Sober acudir o sábado 3 de outubro a unha función de 'A Gaivota. Ensaio aberto', versión escénica do texto de Antón Chéjov dirixida por Santiago Cortegoso e Neto Portela, con Mercedes Castro, Déborah Vukušić e Uxía Suevos no elenco.

O autobús sairá ás 14.40 horas desde a praza do Concello de Sober, coa función prevista ás 18.00 horas no Salón Teatro compostelán e a volta fixada para as 19.45 horas, unha vez rematada a representación. Participar na saída ten un custo simbólico de 5 euros.

Esta actividade súmase ás propostas previas ao Xacobeo 2027 que o Centro Dramático Galego, dependente da Xunta de Galicia, impulsa por distintos puntos da xeografía galega.

0.15019011497498