O autobús do teatro sairá de Chantada o 3 de outubro para asistir á nova función do Centro Dramático Galego

RibeiraSacraXa
As persoas participantes poderán viaxar a Santiago para ver a representación da obra ‘A gaivota. Ensaio aberto’ no Salón Teatro
autobus-do-teatro-chantada-a-gaivota
26 Sep 2026

O programa de mobilidade do Centro Dramático Galego (CDG) volverá a Chantada este outono cunha nova oportunidade para achegarse ao teatro. O sábado 3 de outubro, o autobús do teatro permitirá ás persoas interesadas desprazarse ata Santiago de Compostela para asistir á función ‘A gaivota. Ensaio aberto’, que terá lugar no Salón Teatro ás 18.00 horas.

A proposta é unha produción do Centro Dramático Galego a partir da obra de Antón Chejov, con dramaturxia e dirección de Santiago Cortegoso e Neto Portela. O elenco está formado por Mercedes Castro, Déborah Vukušić e Uxía Suevos.

O autobús, incluído no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, sairá ás 15.10 horas da Praza de Galicia de Chantada, polo que se solicita puntualidade. O regreso está previsto para as 19.45 horas, unha vez rematada a función.

O prezo da actividade é de 5 euros e as prazas son limitadas. As persoas interesadas deberán inscribirse presencialmente na Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 982 44 17 52 antes do 30 de setembro. A función está recomendada para todos os públicos.

0.15019083023071