O Pereiro de Aguiar rehabilita cinco fontes-lavadoiros en varias aldeas do municipio

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Os traballos enmárcanse no Obradoiro Dual de Emprego 'Terra de Mosteiros 2026' e afectan a cinco infraestruturas tradicionais repartidas por distintos núcleos do municipio
Rehabilitación lavadoiros Pereiro de Aguiar
Fotos: Concello do Pereiro de Aguiar
16 Oct 2026

O Concello do Pereiro de Aguiar continúa coa súa labor de recuperación e posta en valor do patrimonio local a través da rehabilitación de varias fontes-lavadoiros tradicionais repartidas polo municipio.

Os traballos estanse a desenvolver no marco do Obradoiro Dual de Emprego 'Terra de Mosteiros 2026', un programa que combina formación e emprego e que está a permitir intervir nun total de cinco infraestruturas situadas nos núcleos da Papela, San Martiño, San Xoán, Boeiros e O Caserío.

Trátase de construcións que durante décadas cumpriron unha función esencial na vida cotiá das aldeas, utilizadas tradicionalmente para o lavado da roupa e o abastecemento de auga, e que co paso do tempo foron perdendo o seu uso orixinal, aínda que conservan un notable valor histórico e etnográfico.

Segundo trasladou o propio Concello, esta actuación busca conservar estes espazos tradicionais, mellorar a súa contorna e manter vivo un patrimonio que forma parte da identidade das aldeas do municipio.

0.15046715736389