Folgoso do Courel renova o parque infantil e mellora o acceso á praza do Concello

O Concello de Folgoso do Courel completou dúas intervencións orientadas a mellorar os espazos de uso público do municipio e a facelos máis cómodos e seguros para a veciñanza.
Por unha banda, o parque infantil do municipio foi obxecto dunha renovación integral. Instalouse un novo pavimento elástico, pensado para amortecer as caídas e aumentar a seguridade dos máis pequenos durante o xogo, e substituíronse por completo os elementos de xogo existentes, que foron trocados por outros novos.
Por outra banda, o Concello actuou tamén na contorna da praza do Concello, onde se construíu unha rampa de acceso. Con esta obra búscase eliminar barreiras arquitectónicas e facilitar a chegada ao edificio consistorial a persoas con mobilidade reducida, carriños de bebé ou outras dificultades para salvar chanzos.
Ambas as dúas actuacións levaron a cabo grazas a unha subvención concedida pola Consellería do Medio Rural, que conta con cofinanciamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). Esta axuda enmárcase dentro do Plan estratéxico da política agrícola común para o período 2023-2027, un instrumento europeo orientado, entre outros obxectivos, a apoiar o desenvolvemento e a mellora de infraestruturas no medio rural.