Xunqueira de Espadanedo completa a mellora das captacións de O Teso e Os Carteis

O Concello de Xunqueira de Espadanedo rematou as obras de adecuación das captacións de O Teso e Os Carteis, situadas na parroquia de Niñodaguia, dentro das actuacións municipais de mellora de infraestruturas.
O proxecto contou cun orzamento total de 8.485,17 euros. A maior parte do financiamento, 7.334,06 euros, foi achegada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a través dunha subvención. O Concello de Xunqueira de Espadanedo asumiu pola súa banda unha achega de 1.151,11 euros para completar o financiamento dos traballos.