Manzaneda renova o alumeado da Praza da Igualdade

RibeiraSacraXa
O Concello instalou tres novas farolas e luminarias diante da residencia e do centro de día
novo-alumeado-praza-da-igualdade-manzaneda
10 Oct 2026

O Concello de Manzaneda renovou a iluminación da Praza da Igualdade, situada diante do centro de día e da residencia, para mellorar a visibilidade e as condicións de iluminación deste espazo.

O alcalde, Pedro Yáñez, explicou que esta foi unha das primeiras demandas que recibiu o goberno municipal ao chegar ao cargo. Segundo sinalou, as queixas eran frecuentes porque as luminarias levaban instaladas arredor de 40 anos e, ademais de presentar un aspecto deteriorado, xa non cumprían adecuadamente a súa función.

O rexedor indicou que a iluminación da zona resultaba insuficiente e que as avarías eran habituais debido á antigüidade do cableado. Para resolver estes problemas, o Concello instalou tres novas farolas que permiten alumear de forma máis axeitada toda a praza. A intervención incluíu tamén a colocación de novas luminarias diante da residencia para mellorar a iluminación do acceso ás instalacións.

Estes traballos, xunto con outras actuacións de iluminación realizadas na zona da Pinguela, supuxeron un investimento total de 10.000 euros, financiados pola Deputación de Ourense.

0.15996313095093