Quedan horas para sumarse á Escola de Música de Taboada este curso

RibeiraSacraXa
O prazo de inscrición péchase este 16 de setembro e as prazas de horario asígnanse por orde de chegada
Escola de Música Taboada curso 26 27
15 Sep 2026

A Escola de Música de Taboada segue coas portas abertas para quen aínda non formalizase a súa matrícula de cara ao curso 2026-2027. Dende o Concello lémbrase que o prazo remata mañá, 16 de setembro, polo que convén non deixalo para o último intre.

A oferta abrangue tanto instrumentos —acordeón, baixo, batería, canto, clarinete, frauta, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba, ukelele e violín, a partir dos 8 anos— coma clases colectivas: baile galego, ballet (dende os 3 anos), banda de música, batukada, combo, danza moderna, linguaxe musical, música e movemento (tamén en inglés) e pandeireta.

O prezo mensual é de 25€ para os instrumentos e de 30€ para as clases colectivas, ao que se suma unha matrícula de 40€ por cada materia escollida.

Quen queira inscribirse pode facelo a través do formulario online (https://forms.gle/SyqkqrCAPLA1PDWx9) ou escribindo a escolademusicataboada@gmail.com

0.14962911605835