Taboada reclama á Xunta que manteña os servizos sanitarios tras as próximas xubilacións médicas

RibeiraSacraXa
A moción foi aprobada por unanimidade no Pleno municipal, co apoio dos grupos do BNG, PP e PSOE
centro-de-saude-taboada
22 Sep 2026

O Pleno do Concello de Taboada aprobou este luns por unanimidade unha moción para reclamar á Consellería de Sanidade que garanta o mantemento dos servizos sanitarios do municipio ante as xubilacións das médicas previstas a curto e medio prazo.

A iniciativa contou co apoio dos tres grupos con representación na Corporación municipal, BNG, PP e PSOE. A través deste acordo, o Concello solicitará á Consellería de Sanidade que asegure que estas xubilacións non supoñan unha redución nin unha modificación dos servizos médicos que actualmente se prestan en Taboada.

O Concello sinala que a defensa dos servizos sanitarios do municipio conta co respaldo unánime da Corporación e responde tamén, segundo trasladou, á preocupación existente entre a veciñanza ante a situación que poida producirse tras as próximas xubilacións.

O acordo municipal busca así que a Consellería concrete as garantías necesarias para manter a atención sanitaria de Taboada nas condicións actuais.

0.14527487754822