Taboada continúa coas melloras na súa rede viaria graznas aos equipos do Parque Móbil da Deputación de Lugo

RibeiraSacraXa
Os traballos incluíron actuacións nas parroquias de Arxiz, Torre e Couto, así como no acceso ao lugar de Bosende
obras-pista-taboada
8 Oct 2026

Os equipos do Parque Móbil da Deputación de Lugo continúan realizando traballos de mellora en diferentes vías do municipio de Taboada, despois de actuar recentemente no acceso a Penasagudas.

As novas intervencións concentráronse principalmente na parroquia de Arxiz. Entre elas, acometeuse a mellora da vía que comunica a LU-212 coa N-540 ao seu paso polas parroquias de Arxiz e Torre.

Os traballos tamén incluíron a rexeneración do acceso ao lugar de Bosende desde o cruce de Lustiás, co obxectivo de mellorar as condicións de circulación por este tramo.

Outra das actuacións desenvolveuse na pista que dá acceso aos lugares de Arxiz e Sampaio, onde se acondicionou un dos seus tramos.

Ademais, aproveitando a proximidade das zonas nas que se estaban realizando os traballos, os equipos do Parque Móbil interviñeron tamén na pista que comunica os lugares de Lustiás e A Baiuca, xa na parroquia de Couto, onde se procedeu á mellora do firme.

Desde o Concello de Taboada destacan a continuidade destes traballos de mantemento e acondicionamento das vías municipais, que neste caso abrangueron diferentes puntos das parroquias de Arxiz, Torre e Couto.

0.16251587867737