Taboada crea o seu primeiro club de lectura na Biblioteca Pública

RibeiraSacraXa
A primeira reunión celebrarase este próximo xoves 2 de outubro ás 20.00 horas na Casa da Cultura e busca fomentar a lectura e a participación arredor da literatura
presentacion-club-de-lectura-taboada
27 Sep 2026

O Concello de Taboada porá en marcha o próximo venres, 2 de outubro, o seu primeiro club de lectura, unha iniciativa que terá como punto de encontro a Biblioteca Pública, situada na Casa da Cultura.

A primeira reunión do Club de Lectura terá lugar ás 20.00 horas e servirá para iniciar unha actividade coa que o Concello pretende promover o hábito lector, favorecer o uso da biblioteca e crear un espazo de encontro e integración para as persoas interesadas na literatura.

Desde a Área de Educación e Benestar do Concello agradeceron a implicación do persoal da biblioteca e das persoas que están colaborando de maneira voluntaria na posta en marcha deste proxecto.

As persoas interesadas en participar poden achegarse á Biblioteca Pública de Taboada o venres 2 de outubro ás 20.00 horas.

0.15672898292542