As obras do Paseo da Medela, en Taboada, avanzan a bo ritmo e poderían rematar nun par de meses

RibeiraSacraXa
A actuación, financiada mediante un convenio de colaboración por importe de 169.213,45 euros, foi supervisada sobre o terreo nunha visita recente
Obras Paseo de Medela Taboada
21 Sep 2026

A deputada provincial de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro, visitou onte o municipio de Taboada para coñecer de primeira man o estado das obras do Paseo da Medela, unha actuación que xa está en marcha e que avanza a bo ritmo.

Durante o percorrido, Castro estivo acompañada polo tenente de alcalde, José Portela, e polos concelleiros Manuel Diéguez e Alexandre Varela, con quen puido comprobar sobre o terreo como evolucionan os traballos.

A construción do paseo conta con financiamento da Deputación de Lugo, que a fixo posible mediante un convenio de colaboración coa Vicepresidencia por un importe de 169.213,45 euros.

Segundo as previsións actuais, as obras poderían quedar rematadas dentro dun par de meses, sempre que se cumpran os prazos contemplados. Unha vez concluídas, Taboada contará cunha infraestrutura que se considera fundamental para o municipio e que saíu adiante grazas á implicación económica da institución provincial.

0.1518988609314