Taboada pon en marcha a nova tempada deportiva con actividades ata decembro

RibeiraSacraXa
A programación inclúe pilates, ximnasio, escolas deportivas, ximnasia de mantemento e pádel, con incorporacións escalonadas entre outubro e decembro
padel recurso imaxe raqueta
10 Oct 2026

O Concello de Taboada inicia unha nova tempada deportiva cunha oferta de actividades que se incorporarán progresivamente ao calendario municipal durante os próximos meses. A Área de Deportes anima a veciñanza a participar nas diferentes propostas, cuxas datas de comezo xa están fixadas.

As primeiras sesións de pilates comezaron o 6 de outubro, mentres que as actividades do ximnasio teñen previsto arrancar o día 13 dese mes. Dous días despois, o 15 de outubro, será a quenda das escolas deportivas. Este venres, 9 novembro, arrancou tamén a ximnasia de mantemento, que se ofrecerá tanto en Taboada como nas aldeas do municipio. A última actividade en incorporarse será o pádel, cuxo inicio está previsto para o 1 de decembro.

As inscricións poden realizarse a través da plataforma en liña taboada.reservaplay.com. No caso de precisar axuda para completar o proceso, as persoas interesadas poden consultar as dúbidas cos monitores das actividades ou acudir ás oficinas xerais do Concello, onde tamén están dispoñibles as instrucións para formalizar a inscrición.

0.14353799819946