Taboada renderá por primeira vez homenaxe aos presos políticos da colonia penal de Ponte Mourulle

RibeiraSacraXa
O municipio organiza o vindeiro 13 de decembro un acto de lembranza dedicado ás vítimas do franquismo que pasaron pola antiga colonia penal, a primeira iniciativa deste tipo celebrada na localidade
homenaxe Taboada presos políticos Ponte Mourulle
Foto: Concello de Taboada
20 Nov 2026

O Concello de Taboada anunciou a celebración dun acto de memoria histórica dedicado aos presos políticos que pasaron pola primeira Ponte de Mourulle, tamén coñecida como Ponte Fortes. Trátase da primeira vez que o municipio organiza unha iniciativa deste tipo, segundo informou a área de Educación e Benestar do Concello.

A homenaxe terá lugar o domingo 13 de decembro, ás 12.30 horas, na contorna da Ponte Mourulle, xunto ao miradoiro da zona.

Segundo explicou o Concello, o acto busca dar a coñecer, lembrar e reparar a memoria das ducias de homes que foron recluídos na antiga colonia penal situada nese punto. Ademais da homenaxe específica a estes presos, o acto plantéxase de xeito extensivo a todas as vítimas do franquismo no territorio de Taboada.

Desde a administración local destacaron que esta convocatoria supón a primeira acción de memoria histórica impulsada polo Concello, coa que se pretende visibilizar un episodio do pasado do municipio que ata agora non contara cun recoñecemento institucional específico.

0.15421104431152