Taboada mellora varios tramos da rede viaria municipal cos equipos de regos asfálticos

RibeiraSacraXa
A primeira actuación executouse no acceso a Penas Agudas, en Xián, e os traballos continuaron posteriormente en varios puntos da parroquia de Arxiz
pista-penas-agudas-taboada
1 Oct 2026

O Concello de Taboada volve contar cos equipos de regos asfálticos da Deputación de Lugo para acometer actuacións de mellora na rede viaria municipal, grazas a un acordo de colaboración entre o alcalde, Roi Rigueira, e a presidenta da entidade provincial, Carmela López.

A primeira intervención realizouse na vía de acceso ao lugar de Penas Agudas, na parroquia de Xián. O tramo, duns 1,5 quilómetros de lonxitude, presentaba un estado deficiente e foi sometido aos traballos de mellora previstos.

Unha vez rematada esta actuación, os equipos trasladáronse á parroquia de Arxiz, onde continúan os traballos en diferentes tramos da rede viaria municipal.

As actuacións teñen como finalidade mellorar o estado destas vías e facilitar a mobilidade polas distintas zonas do termo municipal.

0.15471601486206